terça-feira, 24 de março de 2009

Pechado

Pois si, por fin pechamos esta caixa! A partir de agora abrimos outra nova en www.pedrafita.us, vemonos ali!!!

segunda-feira, 23 de março de 2009

Finde


Tranquilo. De volta no aire por segunda vez, desta con examinador e para facer os papeis! Xa estou legal no aire americano. Agora a seguir mellorando, voando con regularidade, e facerse un piloto decente. O domingo estivo moi venteado, non se podia voar, asi que a mellor opcion foi piscinita e bocata de nocilla. A auga xa esta quente para tirarse de golpe. Un gustito, piscina, jacuzzi, piscina, merenda.
E hoxe xa e luns. Lastima.

domingo, 15 de março de 2009

sexta-feira, 13 de março de 2009

Mudanza

Esta caixa esta tan chea que non hai maneira...
Os Picasa petaos, o ordenador KO,...
En fin, que marchamos a www.pedrafita.us
(En obras!)

quinta-feira, 12 de março de 2009

Tangada

Baguette : $2.99.
Isto non e tan barato como parece, os cartos voan.

Charlas

Os martes temos charla. Hoxe foi un Topgun!

terça-feira, 10 de março de 2009

Cousas

Xa volveron os colibries, os ocotillos estan verdes e en dez dias estaremos a 30 graos.

quinta-feira, 5 de março de 2009

Conclusions

Os concursantes, sometidos á cata de todos estes produtos, puideron acordar unha serie de conclusións mentres recollían a desfeita:

1. En xeral, a comida foi intragable. O único que se deixaba comer foi o zume, a sopa de apio, a torta de zanahoria (aínda que lle sobraba o 250% de azucre), os marshmellows e pouco máis.

2. Esta comida está presente nos supermercados como solución á vida moderna. De moderno non ten nada, porque hai que ter as papilas gustativas dun cocho (con todos os respectos á especie) para envíar este tipo de comida.

3. De comida rápida, nada. En facer estos dos menús tardaron dúas horas, o mesmo que se tarda en facer unha tortilla de patacas e un biscoito (e se se trata de alguén con xeito, aínda menos).

4. Respecto dos cartos, é verdade que é barato. O precio medio de cada prato que se presentou foi 1,5 dólares (1 euro).

Menus

Menú A

Aperitivo: salsichas vienesas, bolonia e pepinillos

Nota: As sasichas vienesas non precisan ser cociñadas, xa veñen cocidas na propia lata. Segundo o envase están feitas con carne de polo, vaca e porco e caldo de polo. A textura é como mousse.
A bolonia é unha especie de mortadela onde non se ven as partes brancas, pois todos está tan machucado que forma unha masa rosa uniforme.

Primeiro prato: Sopa/crema de Apio. Unha lata proporciona unha crema condensada de apio.

Segundo prato: Chunky Clam Chowder. Nada que empece por “Chunky” debe ser moi de fiar. Este prato é unha crema branca e espesa onde hai chunks ou pedazos de cousas que non se sabe que é ao ollo humano. O olor é semellante a como cheira nos arredores dunha fábrica de conservas de peixe. Segundo o envase (unha lata), son ameixas.

Postre 1: Torta de zanahoria. Perfectamente envasada. Destaca o debuxo dunha cenoura laranxa e verde feito con azucar solidificado.

Postre 2: Marshmellows, ou nubes das de toda a vida, pero fáltalles o rosa. Xeralmente póñense ao lume e cómense cando están requeimadas.

Prezo: 15 dólares

Menú B:

Primeiro e único prato: Espagueti con albóndigas. Non se enganen, todo procede da mesma lata. Da lata sae un bloque de espaguetes, tomate e armondegas que tras un minuto no microondas se transformas nunca cousa case líquida. As armondegas son ben compactas e redondas, os espaguetes teñen unha cobertura plástica difícil de describir.

Bebida: Zumo de Guava. Bebida sen gas de Guava. Envase, lata.

Postre: Pastel de clara de ovo. Este pastel ten a curiosidade de qee sae dun sobre de polvos. Ao mesturar o sobre con auga, empezar a gurgullar e a fermentar que dá gusto. A mestura métese no formo e tras unha hora de calor, obtense un pastel de textura estropallo e olor bastante desagradable que se pega ás paredes da casa.

Prezo: 5 dólares

quarta-feira, 4 de março de 2009

AMERICAN GOURMET CONTEST 09

REGRAS:
-Os participantes terán ½ hora e 15 dólares de orzamento para mercar o que consideren máis desagradable de comer dentro da oferta dun supermercado america tipo.
-Queda prohibido mercar: alimentos para mascotas, alimentos podres e alimentos que poden danar aos participantes (por picantes, por exemplo)
-Os participantes subirán á caixa de zapatos o seu menú e adxuntarán fotografía dos envases e o resultado.
-Cada un dos participantes terá que comer o que o outro participante lle ofreza.
-Os lectores do blog votarán que menú lles parece máis asqueroso.
-O participante ganador ganará por maioría de puntos. Os puntos consíguense da seguinte maneira:
·cada voto = 1 punto
·menú máis barato = 1 punto
·se algún dos participantes non pode acabar o plato por escrúpulos superiores ao afán de victoria = -1 punto
-En caso de empate, o voto do noso conselleiro alimentar en Phoenix, Chef Jorge, valerá dobre co que se desfará o empate e teremos ganador/a.

-P. S. Os partcipantes son os seguintes: Manu “Conxelados” Ledo, e Laura “Microondas” SF.

Hawaii (fotos)

Aqui o ladinho. Donde pon fotinhas...

terça-feira, 3 de março de 2009

Hawaii, que guay!

Unha illa: Big Island. Volcanes. Mar. Selva. Calor. Frio. Chuvia. Froitas tropicais. Peixes de colores. Baleas. Mantas. Tartarugas. Vermello. Azul marino. Verde. Laranxa. Amarelo.

domingo, 22 de fevereiro de 2009

Tarde de Oscars

Vamos a ver a ceremonia en tempo real!! En California empeza as cinco da tarde, as seis aqui. A fin de semana pasada estamos diante do Teatro Kodak e paseando pisando estrelas...

sábado, 21 de fevereiro de 2009

Un dia de filloas

Estamos no carnaval e hai que celebralo. Hoxe foi un dia de facer filloas, mmmm, ricas!

Hawaii

Ala imos!!! Ver as baleas (so se poden ver de xaneiro a marzo), os volcanes, playitas e comprar camisas horribles! Hawaii Big Island espera!

quarta-feira, 18 de fevereiro de 2009

terça-feira, 17 de fevereiro de 2009

Xa fomos

e xa volvemos! Los Angeles, Santa Monica, Malibu, Venice, Pasadena.
Hoxe temos a Obama por aqui, vai dar unha charla nun colexio. Houbo que facer colas de 15 horas para coller entradas. Por certo, e o colexio onde estudio o colega Mike.

quinta-feira, 12 de fevereiro de 2009

Finde

Hoxe estrenamos o Light Rail para ir a unha clase de Susana na universidade, fomos de ointes. Moi ben. As duas cousas, claro. E tamen ver o sol e sair fora! Esta fin de semana e o All Star da NBA e esta toda a cidade movilizada. Nos para variar vamos ir dar unha voltinha. Desta volta vai tocar Los Angeles. Vamos ver o mar!! A faena e que dan auga para a costa durante a fin de semana. Sniff. Bueno, xa contamos o luns...

terça-feira, 10 de fevereiro de 2009

Excalibur-Mourin

Pequena homenaxe a esa tropa pontesa. A ver se este inverno non cae o poli e se gaña a liga! Ese Mikinho que me manda cousas bonitas no facebook:

"Manito, Manito, Manito do mar,
estaba Manito fodendo a un calamar,
fodendo a un calamar, fodendo a una calamar,
estaba Manito na beira do maaaar.

Vivan os grelos e as mantecadas!!
Irmandade As Pontes-Phoenix XA!!!"

Viva a festa da Fraga e Muxarega teloneiros de Sprintin xa!

segunda-feira, 9 de fevereiro de 2009

Mil canyons

Se Galicia e o pais dos mil rios, Arizona presentase como o pais dos mil canyons!
Un repaso a prensa ocupa un ratinho do meu tempo cada dia. Empezando por
Amigus, seguindo co Progreso e El Pais, que son visitas obrigadas, e seguindo con algun outro, vou revisando como vai a terrinha. Curiosamente, hoxe atopei unha enquisa no 20minutos (pinchar aqui) sobre os dez sitios mais impresionantes do mundo. Discutible, evidentemente, pero é curioso que dous dos sitios desa lista estan en Arizona (ou case): Havasupai e Paria Canyon! que pasan (se non eran xa) a ser visitas obrigadas nun futuro. Remexendo un pouco mais atopei esta paxina sobre "canons estreitos". Impresionantes as fotos! Podedes pinchar en calquera link que son todos espectaculares e todos no entorno de Arizona! Saen sitios xa familiares como Page, Sedona, Lake Powell ou o Gran Canyon,... Vese que deixamos cousas...

sábado, 7 de fevereiro de 2009

Rodeo autentico

O martes pola manha meu irman e Laura foron montar a cabalo e o cowboy-guia faloulles dun sitio western autentico, donde os venres tenhen rodeo e musica en directo. Ala fomos! Non fallou o pronostico, os unicos raros eramos nos. Todos real american, cos seus vaqueiros, sombreiros, cinturons,... Do mais granado, a banda de country en directo e a xente bailando (moi ben por certo); habia unha parella de vellancos que estaban a dalo todo na pista e entre peza e peza volvian a mesa (estaban o noso lado): ela co oxiseno, tubos incluidos no seu bolsinho-mochila e el co ventolin. Entrañable. Despois o rodeo, impresiona. Xa era o segundo pero este visto mais de certa, en primeira fila, da algo de medo ver os carallazos que se meten e o tamaño dos bichos. Adrenalina. Proxima finde, L.A.

sexta-feira, 6 de fevereiro de 2009

Flagstaff

Sempre sorprende con algo novo. Ten cousas bonitas como esta. Evidentemente esta xa na lista de needs. A foto e da finde pasada con meu irman e Laura.

quinta-feira, 5 de fevereiro de 2009

Catherine

Hoxe chegou un paquete o hospital. De feito chamaronme para que o fose recoller... Que seria? Quen o mandaria? Que era? Pasmense: Un bolo de pan! Mmmmm, un autentico bolo de pan breton envolto nun autentico pano breton e dentro dunha caixa de zapatos!!! Emocionante. Por suposto pasei o dia pampando e pensando na Bretanha. Moitas, moitas gracias!! Por certo, riquisisimo!!!!

Chegou a primavera!

Xa estan agromando todas as arbores que non eran cactus ou acacias... Onte estivemos a 28º

Starter

quarta-feira, 4 de fevereiro de 2009

Jamaica ou Hawaii

Hoxe vai ser unha enquisa...
Podendo ir, a onde iriades? Jamaica ou Hawaii?

De coña

Eleccions a vista...

A ultima novaburrada que lin sobre o concurso eolico en Galicia e que me parece que hai que darlle movemento:

Desfachatez eólica monumental Tripartita no Courel, no Territorio Histórico do Camiño de Santiago.

“Co fin de compensar a incidencia visual do parque eólico, adoptaranse as medidas compensatorias propostas polo promotor e consensuadas coa Dirección Xeral de Turismo, destacando as relativas ao pintado das torres dos aeroxeradores con motivos do Camiño de Santiago, implantación de pantallas vexetais naqueles puntos onde teña lugar o impacto visual da obra proxectada e adecuación dunha sala como aula didáctica da enerxía eólica, entre outras.”

Fonte: galizanonsevende

domingo, 1 de fevereiro de 2009

Unha perla no deserto: Antelope Canyon

Hai moitas millas ata chegar e é pequeno pero e unha xoia da natureza que emociona e impresiona. Un link con fotos e facedesvos unha idea. Un canon que en puntos non ten mais dun metro de ancho, donde a auga puliu a area que se compactou para facer pedras dando as formas que vedes iluminadas pola luz do sol que malamente entra.

Puxen algunhas fotinhas na minha paxina de manitoledo, algunhas de Monument Valley. Para ir a Antelope Canyon ide directos os indios, cedo e con tripode, vale a pena.

Tamos de volta

Tamos de volta! Flagstaff, Grand Canyon, Antelope Canyon (que maravilla!), Monument Valley, reserva navajo e volta por Sedona. A ver se subimos as fotos... Houbo susto incluido, fallou o motor de arranque do coche e case quedamos no medio do fin do mundo! Manha habera que ir falar co mecanico.