quinta-feira, 31 de julho de 2008

Concerto

Ringo Starr & his all star band, lamentable (sempre para gustos hai colores). Collanse un grupo de figuras americanas dos 60, 70´s cos seus mellores exitos e con todolos seus fans mais tolos e metense nunha caixa pechada, remexese e abrese cuarenta anos despois; como resultado temos os fans cuarenta anos mais vellos (hai que velos), os fillos dos fans e unhas caricaturas de musicos, forzando as cadeiras e dedos ata o limite que lles permite a artrose, cantando todos, tocando todos calquera instrumento,... en plan cena fin de curso. "Esta la compuse yo en el año..." O peor o Ringo en plan diva, o mellor un iggy pop cun pelo mais blanco que o de Knut. Momento estelar no medio do concerto, todo o publico en pe desafinando o yellow submarine. O sonido obviamente limpisimo, espectacular e o teatro de cine, menudos medios. E asi ata o momento final donde un extraño xogo de luces se vai tornando en azuis e vermellos con un caleidoscopio de estrelas (la bandera) e cantando todos xuntos o give peace a chance. Pa habernos matao! En fin, solo os bos viños envellecen como ten que ser.
Outros concertos deste mes(dos que me soan polo menos os nomes) son os Stone Temple Pilots, Linkin park, Motorhead, Judas Priest, Heaven & hell, Motley Crue ou Tina Turner. Maña toca rodeo...

07/31/08

Que ven sendo hoxe. Pouca cousa, primeiro dia de paga, non é sen tempo que xa levo un mes aqui! Marcho que teño que marchar, vamos a ver a Ringo Starr...

quarta-feira, 30 de julho de 2008

Inciso (II)

Para as fotos hai que ir aqui a dereita, onde pon "algunhas fotiñas do que vai caendo na caixa", pinchando fotiñas xa nos leva a picasa (http://picasaweb.google.com/pedrafita). Nos textos tamen vou poñendo enlaces. Os titulos baleiros son iso, títulos baleiros, ideas que teño intención de comentar; puxenas no momento que me vin que da para algo pero que nese momento non tiven a inspiración ou a foto que quería...
Polo resto é un blog en construcción, hai ferrallada por todas partes, trozos e pezas inconexas que habera que ir montando ou non. Na caixa de zapatos collen figuriñas, algunha pedra bonita, un lapis e unha nota, un cordón, conchas da praia, un pin, un coche de xoguete, un debuxo nunha servilleta; pezas dun puzzle para ir montando (xa veremos).

terça-feira, 29 de julho de 2008

Tele

Penso que ainda non dixen nada da tele. De primeiras hai unha diferencia que é que non se sintonizan os canais, estan todos sintonizados; logo o canal 2 corresponde a C-SPAN, o 3 a KTVK, o 4 a... asi ata case 300! agrupados en paquetes: basic (26), expanded (46), digital(unha pila que non vou contar, incluindo music choice, variety, sports & info, movie e paquete latino), premiums, o pay per view e hi-def (alta definición).
Eu teño o paquete expanded, que inclue dende o discovery channel a un de viaxes, galavision ou animal planet e tamen the weather channel (son as 9:30 da noite, Downtown Phoenix 35ºC e 15% de humidade). Bastante variedade. Polo resto pouca diferencia ca tele española, é o mundo global, estou vendo House.

EScoitando neuronas (II)

Seguimos ca parte experimental que parece vai ser unha parte importante do traballo. Hoxe conseguimos minimizar o ruido, que en parte esta producido polo propio corpo, pero faltounos atopar unha neurona saltarina. Mellora a cousa pero ainda falta... E ala foi o día! Agora un descansinho que son horas, unha cervecinha, un pouco de tele e pra cama.

EScoitando neuronas (II)

Seguimos ca parte experimental que parece vai ser unha parte importante do traballo. Hoxe costou pero conseguimos unha mellora sobre as respostas de onte, sobre todo a hora de minimizar o ruido de fondo (en parte producido polo propio corpo) pero non conseguimos ningunha neurona grandota. Outro dia sera, un pouco de tele e pa cama!

segunda-feira, 28 de julho de 2008

Escoitando neuronas.

Hoxe tocou escoitar unha neurona. A teoria é simple, pos un electrodo dentro da neurona e outro fora facendo de terra; como as neuronas responden a determinados estímulos, a groso modo as do sistema visual activanse con luz, iso xenera un impulso electrico medible que amplificas e escoitas! A partir disto todo se complica...

domingo, 27 de julho de 2008

Fossil springs

Hoxe tocou a primeira excursión da temporada!! Visita a fossil springs, pasando polo Tonto National Forest, en Coconino National Forest, preto do Mogollon Rim (dos indios Mogollon). Todo isto por confirmar co mapa. A excursión moi ben, hai fotos para os biologos e para enredar. Nos las prometiamos felices porque tiñamos unha referencia doutra paxina web donde dician que era un sitio espectacular para bañarse asi que empezamos alegres baixando polo rio ata chegar o cauce que estaba absolutamente seco e todo marrón! Que calor e que susto! Mais abaixo empezaron a aparecer unhas fontes enormes con un auga limpiña e templada que daba gusto... o resto en fotos.

sábado, 26 de julho de 2008

Habemus carnet de conducir

Volvemos á autoescola! Da para varios capítulos. Iran caendo.


sexta-feira, 25 de julho de 2008

Nubes


Con respecto a isto, duas cousas: as nubes e as postas de sol. Son impresionantes as nubes que se forman neste val, como se van formando o longo do día os cumulos ata chegar a cumulonimbos e acabando con uns perfiles definidísimos. Sumado a isto, cando cae o sol os perfiles iluminanse quedando unhas postas de sol espectaculares. Un motivo mais para ter unha camara de fotos a man.

quinta-feira, 24 de julho de 2008

A festa da fraga!

..festa nacional, lalalalalalalalalalala!!!
(dando animo dende a distancia, que por outra parte seguro que non fai falta). Tratarei de buscar un viño peleón para misturalo con cherri coke e a celebralo! Pasalo ben.

quarta-feira, 23 de julho de 2008

Inciso: comentarios

Non teño moi claro o número de lectores que teño, imaxino que non seran moitos, nin se alguen fixo ou quixo facer algún comentario. Penso que estaba anulada esa posibilidade, agora debería funcionar.

Chinese cultural center


Seguimos descubrindo. Fomos facer a compra a un supermercado chines! Mimadriña, que pilisima de verduras, peixes, froitas, mariscos, noodels, raices, salsas, infusions, carnes, doces, bebidas, todo chines... Incluso teñen unha moeda propia no centro, que che cambian na entrada. Sei de mais de un que lle ía encantar e poñerse a cociñar todo isto. Para exemplo un amago de cesta de compra. Despois de cear, dicir que para cervexas as europeas, as anguilas moi ricas e o postre non sabería describilo.

Rutina

Erguerse as 7, as 8 entramos. De momento o traballo consiste en ler libros e artigos de neurociencia, en particular dos feitos polos xefes e compis para saber en que vai consistir o traballo futuro e situarnos. Tres dias a semana toca algo de intendencia. As doce comemos, en media hora estamos comidos pero aproveitamos a hora. E seguimos ata as 5, logo xa e voluntario. A maioria quedase bastante mais, ata as 5 traballas para o hospital logo "traballas para o teu CV". Tampouco e que haxa nada mellor que facer, marchas para casa, algo de cea e un pouco de tele (outro dia falaremos da tele). Acaba o dia e case empeza outro. A semana pasa voando.

sábado, 19 de julho de 2008

Recordame cando veñas

que vaiamos ó Oregano´s
que vexamos unha posta de sol en South Mountain
que probemos the original hamburger works
que vaiamos o chinese cultural center
que vaiamos a terraza do hotel Clarendon

Cine

Hoxe tocou cine do independente, nunha sala acolledora e rodeado de xente da terceira idade, vese que é o tipo de publico habitual neste tipo de filmes. Fomos ver up the yangtze, moi boa. Ven a narrar como o enchido da presa das tres gargantas se vai comendo lugares e reflexandoo, en particular, nunha pequena familia moi pobre que vive xusto o lado do rio en paralelo os cruceiros que empezan a navegar a nova presa. Invita a pensar sobre o precio do progreso, ainda sen moitas profundidades pois ven sendo un documental. É iso realmente progreso? É o progreso que necesitamos?
É fácil ter paralelismos, ocorrenseme algúns nun momento: os lugares perdidos en calquera obra destas características sexa presa, sexa mina, sexa nova urbanización no noso entorno, sexan as autoestradas,... Todolos beneficios que supoñen, compensan as perdas?
Ou no propio ser, os cambios que se nos presentan, como afrontalos?
Bueno. Son horas, é venres e isto é unha reflexión sen terminar.




quinta-feira, 17 de julho de 2008

Basketball!

Hoxe tocou ver o primeiro gran pequeno show do deporte americano, fomos ver un partido de basquet da WNBA, que ven sendo a NBA feminina, donde as Phoenix Mercury gañaron o campeonato do ano pasado! Todo un espectaculo e menudas instalacións.

terça-feira, 15 de julho de 2008

RIO EUME

Xa hai tempo que non ten boa pinta, dende un dos afluentes do río Chamoselo (o que pasa pola Pedrafita e como consecuencia das obras da autovia) chegalle ferro e ferro, hai tempo que non se ve vida. Agora parece que se lle suma a merda que botan dende a presa do Eume, acidificando a auga e matando un dos rios mais chulos que temos. Isto é un grao de area pero hai unha campaña para botar unha man.

segunda-feira, 14 de julho de 2008

Orientation

Hoxe foi o primeiro día no hospital, unha xornada de benvida onde ós que empezamos esta semana nos presentan a filosofía e valores que debemos observar e a organización práctica. Nesta última, organización xeral, parking, normas a respectar, etc... Dentro dentro dos valores (facendo traducion literal, ollo): a excelencia e calidade, coidado compasivo, actitude ou respecto. Para a actitude presentousenos un video ben curioso que sen ser este, danos unha idea da filosofia dunha empresa ben singular.

domingo, 13 de julho de 2008

Circulación

Ten as súas particularidades. Os semáforos estan do outro lado da rúa a cruzar, non antes. Non se respetan se o xiro é a dereita, podemos sair se non veñen coches ou peóns.
Nas rúas mais grandes hai un carril central que normalmente so é para maniobras, isto é, para cruzar a un punto da esquerda na dirección que vamos ou para incorporarnos se temos que sair á esquerda. Pensao.

sexta-feira, 11 de julho de 2008

quinta-feira, 10 de julho de 2008

galón


A unidade de referencia.
3.785 litros. Un galón de gas(olina), un galón de leite, un galón de auga, un galón de zumo (foto), un galón...

coche!


Xa temos coche. Se alguen quere personalizar a matrícula pode facelo aqui. Logo esta sacar a licencia do estado, que básicamente é o teu DNI, Incluso existe o carnet de non conductor.

supermercados

Desconcertantes, todo tipo de bebidas con mil combinacións posibles, todas XXXL, todalas combinacións de froitas, moitas internacionais, a presencia mexicana é constante, case todo esta nos dous idomas, salsas mil, precociñados, queixos, viños de mil sitios, dos de california estanterías enteiras. Iso si, un pan da casa non o hai.

domingo, 6 de julho de 2008

cactus

colibries

Hoxe vin o meu primeiro colibrí, en realidade a primeira parexa. Na piscina do complexo onde vive Xoana, argallando entre as palmeiras e as frores, pousandose nas primeiras e de papeo nas segundas. Como na tele pero en directo, unha sensación curiosa é ver como se pousan por que un sempe os visualiza voando, moi chulos...

sábado, 5 de julho de 2008