terça-feira, 24 de março de 2009

Pechado

Pois si, por fin pechamos esta caixa! A partir de agora abrimos outra nova en www.pedrafita.us, vemonos ali!!!

segunda-feira, 23 de março de 2009

Finde


Tranquilo. De volta no aire por segunda vez, desta con examinador e para facer os papeis! Xa estou legal no aire americano. Agora a seguir mellorando, voando con regularidade, e facerse un piloto decente. O domingo estivo moi venteado, non se podia voar, asi que a mellor opcion foi piscinita e bocata de nocilla. A auga xa esta quente para tirarse de golpe. Un gustito, piscina, jacuzzi, piscina, merenda.
E hoxe xa e luns. Lastima.

domingo, 15 de março de 2009

sexta-feira, 13 de março de 2009

Mudanza

Esta caixa esta tan chea que non hai maneira...
Os Picasa petaos, o ordenador KO,...
En fin, que marchamos a www.pedrafita.us
(En obras!)

quinta-feira, 12 de março de 2009

Tangada

Baguette : $2.99.
Isto non e tan barato como parece, os cartos voan.

Charlas

Os martes temos charla. Hoxe foi un Topgun!

terça-feira, 10 de março de 2009

Cousas

Xa volveron os colibries, os ocotillos estan verdes e en dez dias estaremos a 30 graos.

quinta-feira, 5 de março de 2009

Conclusions

Os concursantes, sometidos á cata de todos estes produtos, puideron acordar unha serie de conclusións mentres recollían a desfeita:

1. En xeral, a comida foi intragable. O único que se deixaba comer foi o zume, a sopa de apio, a torta de zanahoria (aínda que lle sobraba o 250% de azucre), os marshmellows e pouco máis.

2. Esta comida está presente nos supermercados como solución á vida moderna. De moderno non ten nada, porque hai que ter as papilas gustativas dun cocho (con todos os respectos á especie) para envíar este tipo de comida.

3. De comida rápida, nada. En facer estos dos menús tardaron dúas horas, o mesmo que se tarda en facer unha tortilla de patacas e un biscoito (e se se trata de alguén con xeito, aínda menos).

4. Respecto dos cartos, é verdade que é barato. O precio medio de cada prato que se presentou foi 1,5 dólares (1 euro).

Menus

Menú A

Aperitivo: salsichas vienesas, bolonia e pepinillos

Nota: As sasichas vienesas non precisan ser cociñadas, xa veñen cocidas na propia lata. Segundo o envase están feitas con carne de polo, vaca e porco e caldo de polo. A textura é como mousse.
A bolonia é unha especie de mortadela onde non se ven as partes brancas, pois todos está tan machucado que forma unha masa rosa uniforme.

Primeiro prato: Sopa/crema de Apio. Unha lata proporciona unha crema condensada de apio.

Segundo prato: Chunky Clam Chowder. Nada que empece por “Chunky” debe ser moi de fiar. Este prato é unha crema branca e espesa onde hai chunks ou pedazos de cousas que non se sabe que é ao ollo humano. O olor é semellante a como cheira nos arredores dunha fábrica de conservas de peixe. Segundo o envase (unha lata), son ameixas.

Postre 1: Torta de zanahoria. Perfectamente envasada. Destaca o debuxo dunha cenoura laranxa e verde feito con azucar solidificado.

Postre 2: Marshmellows, ou nubes das de toda a vida, pero fáltalles o rosa. Xeralmente póñense ao lume e cómense cando están requeimadas.

Prezo: 15 dólares

Menú B:

Primeiro e único prato: Espagueti con albóndigas. Non se enganen, todo procede da mesma lata. Da lata sae un bloque de espaguetes, tomate e armondegas que tras un minuto no microondas se transformas nunca cousa case líquida. As armondegas son ben compactas e redondas, os espaguetes teñen unha cobertura plástica difícil de describir.

Bebida: Zumo de Guava. Bebida sen gas de Guava. Envase, lata.

Postre: Pastel de clara de ovo. Este pastel ten a curiosidade de qee sae dun sobre de polvos. Ao mesturar o sobre con auga, empezar a gurgullar e a fermentar que dá gusto. A mestura métese no formo e tras unha hora de calor, obtense un pastel de textura estropallo e olor bastante desagradable que se pega ás paredes da casa.

Prezo: 5 dólares

quarta-feira, 4 de março de 2009

AMERICAN GOURMET CONTEST 09

REGRAS:
-Os participantes terán ½ hora e 15 dólares de orzamento para mercar o que consideren máis desagradable de comer dentro da oferta dun supermercado america tipo.
-Queda prohibido mercar: alimentos para mascotas, alimentos podres e alimentos que poden danar aos participantes (por picantes, por exemplo)
-Os participantes subirán á caixa de zapatos o seu menú e adxuntarán fotografía dos envases e o resultado.
-Cada un dos participantes terá que comer o que o outro participante lle ofreza.
-Os lectores do blog votarán que menú lles parece máis asqueroso.
-O participante ganador ganará por maioría de puntos. Os puntos consíguense da seguinte maneira:
·cada voto = 1 punto
·menú máis barato = 1 punto
·se algún dos participantes non pode acabar o plato por escrúpulos superiores ao afán de victoria = -1 punto
-En caso de empate, o voto do noso conselleiro alimentar en Phoenix, Chef Jorge, valerá dobre co que se desfará o empate e teremos ganador/a.

-P. S. Os partcipantes son os seguintes: Manu “Conxelados” Ledo, e Laura “Microondas” SF.

Hawaii (fotos)

Aqui o ladinho. Donde pon fotinhas...

terça-feira, 3 de março de 2009

Hawaii, que guay!

Unha illa: Big Island. Volcanes. Mar. Selva. Calor. Frio. Chuvia. Froitas tropicais. Peixes de colores. Baleas. Mantas. Tartarugas. Vermello. Azul marino. Verde. Laranxa. Amarelo.