quarta-feira, 31 de dezembro de 2008

Feliz ano

Felices festas, feliz ano e sorte para este 2009 que empeza!!!

domingo, 28 de dezembro de 2008

Turquesa

Unha pedra especial. O caso e que xa na Capadocia estaba por todas partes. Aqui os indios utilizana seguido e esta moi presente en todos os adornos, xoias,... Pois googleando, resulta que unha das minas mais importantes do mundo esta en (...). Arizona, of course. Este estado e moito.

sábado, 27 de dezembro de 2008

Holidays at the Heard

No Heard Museum estan cunhas celebracions moi especiais. O Heard e un museo de tematica india e hoxe habia danzas Hoop, danzas navajo, mulleres tecendo,... un monton de actividades das que non chegamos nin a metade. Moi interesante isto dos indios, empezamos a conhecelos, jjej. Curiosa reclamacion dun dos navajo botando pestes contra a estación de esqui de Flagstaff.

quarta-feira, 24 de dezembro de 2008

Holbrook, AZ e noite tola.

Reserva Hopi

Dentro da propia reserva navajo esta a reserva Hopi. Despois de conseguir chegar a unha zona de mais prados, seguia facendo o mesmo aire pero saimos por fin da tormenta de area, conseguimos avanzar algo mais lixeiros e chegamos a reserva Hopi. E algo asi como unha zona pobre, pobre. Calquera a pode imaxinar no seu entorno ou nos sitios que visitara. Barrios marxinais. Iamos con idea de comer algo pero non hai nin restaurantes nin case tendas. Habia unha especie de mercado pero xa terminara (co asunto da tormenta iamos algo lentos) asi que entramos no super e compramos algo de comer e comemos ali mesmo. Na reserva Hopi esta prohibido facer fotos, ou polo menos no pobo donde entramos. A saida do pobo tenhen un museo, unha tenda e un motel pero resulta que o museo pecha os fines de semana! Na tenda a señora contounos que estaban no solsticio de inverno, que non podian facer ningun tipo de ruido pq preguntamos por musica ou danzas, nada de martillear, nada de cavar na terra,...

Tormenta de area e indios navajo.

Na carretera que atravesa a reserva navajo e frecuente atopar postos fijos de venta feitos de madeira, os tenderetes de toda a vida, donde comprar cousas de artesania e cacharrada. A maoiria dos que vimos estaban baleiros, sen indios nin xente. Pero no medio da tormenta vimos un par de carteis anunciando un postos donde che ensinaban rastros de dinosaurios, habia que desviarse uns douscentos metros asi que ala fomos. Ala taban unha parexa de navajos, esperando por nos. Ver as fotos. Vense pegadas, unha columna vertebral, excrementos, unha á dun páxaro,...
Das cousas que nos contou a boa da señora acordome de duas: dicia que cando era pequena e sempre tinha moito medo das tormentas, sua avoa lle dicia que se podia superar aquilo superaria calquera outra tormenta e nunca mais tivo medo. Todo isto contextualizado emociona.
A segunda foi sobre a recesion, a señora sabia que con iso da recesion non lle vinhan os turistas. Dicia que a xente seguia tendo cartos pero que non os gastaban pq tinhan medo e a ela ialle mal o negocio. Igualmente, no seu contexto e cas suas palabras textuais, quedaba entrañable.

Primeira finde

A boa da rapaza chamase Mercé de Rande. O primeiro finde saimos con idea de ir a ver Petrified Forest pero foi moito mais. Chegou o venres pola tarde e xa saimos cara Flagstaff, polo caminho paramos a cear e en Flagstaff so saimos a tomarlle unha cervecinha, o mais tranquilo da finde. Habia ameza de neve para a zona asi que todo o caminho ca incerteza no corpo pero chegamos sen problema. A aventura empezou o dia seguinte pola manha. Facia un frio que pelaba e un aire de mil demonios (que venhen sendo moitos quilometros por hora!). Como petrified forest esta cerca, decidimos facer algo de rodeo e ir pola zona das reservas indias, direccion norte: frio, vento e millas por diante. O vento impresionaba pq de cando en cando habia algunha racha que meneaba de lo lindo o coche (e é un coche pequeno) pero todo foi ben ata chegar a zona de area. De repente estabamos dentro dunha tormenta de area de pelicula, que medo. A vinte por hora, sabendo que esa zona ten millas e millas. Asi estivemos un par de horas, longas, longas.

Manolada

Definese como manolada todo aquilo que ven de Manolo de Foz, pode chegar tan lonxe como a imaxinacion lle de. Digamos que a ultima semana foi unha desas.
Contextualizando, Manolo ten unha amiga que resulta que estivo os ultimos dous meses en Nova York facendo un curso de danza. A ilusión da rapaza era conhecer o gran canyon, os indios e o oeste en particular (e aqui xa saio eu). Pois xa podedes imaxinar, ponhemonos en contacto, veu e aqui tivo unha semana coñecendo os indios, o grand canyon e o oeste en particular.

Feliz nadal!!

Feliz nadal a todos e pasalo moi ben!

quinta-feira, 11 de dezembro de 2008

E mais fotos!

Estas do basket! Hai de dous partidos xa comentados. Dos Suns contra os Houston Rockets e contra os Lakers.Tabamos algo lonxe... premio para o que vexa a Gasol. Estan no sitio habitual, perdon por non escollelas un pouco, hai moita palla.

quarta-feira, 10 de dezembro de 2008

Fotos!!

Por fin chegou!! Despois de dez dias esperando, por fin chegou o disco duro que necesitaba!!!! No ordenador xa non collia unha foto mais, agora toca ir facendolle limpeza. Como isto vai levar algo de tempo, vamos pouco a pouco. De momento as da viaxe fugaz, non hai moitas, sitoo pero é que tiña as mans ocupadas entre o pulpo e o churrasco, por non manchar a camara xa sabedes. De feito as da neve son de Laura e as que estan dende o chan (ou iso parecen) son de Guti (que ten tres anos). Ale, pinchade aqui e xa me contaredes.

domingo, 7 de dezembro de 2008

Gasolina mais barata que auga

En moitos sitios a gasolina xa esta por debaixo dos 165 cents/gallon. O que ven sendo que cada litro sae por 43.6 cents de dollar ou menos, que en centimos de euro ven sendo 34-35 cents. ¿A como esta o litro de auga?
Hoxe fomos cearlle a casa dos J&J, mmmm moi rico todo! Da gusto cas tradicións!
:P

sábado, 6 de dezembro de 2008

Sabado.

Intendencia. Pola manha tocou poñer un pouquinho de orden, laundry, recoller a casa e algo de limpeza, facer a compra, lavar o coche...
O de lavar o coche é unha aventura, en canto entras no carrusel xa esta un tipiño preguntando se queres botarlle gas, outro que se cambio de aceite, outro se queres que che amañen os golpes do parabrisas, un que como queres o lavado. Toleas. O final sae outro, cando ainda non respondiches, xa con unha aspiradora e outro montandose para metelo no lavado; cando sae do lavado, outros catrocentos con trapos para secalo e limpar os cristais. O final en quince minutos tes un coche novo, que era o que parecia o meu despois de meses sen limpar. Estivo ben a aventura e enchin o deposito por $25 (20 euros).
Pola tarde fun de compras, sen problemas :) Como curiosidade (sempre atopas algo) hoxe vin as sopas Campbell, todas colocadiñas elas, tan armonicas, tan warholianas que non puiden evitalo. Foi a cea e estaba rica. Tamen atopei galletas Maria na seccion hispanic, estas eran Maria Gamesa (non sei se hai diferencia).
E pouco mais pq durmin unha siesta de case tres horas...

Situacion ridicula

Onte era venres, foi, e tocaba acabar a semana con unha cenita que ven sendo tradición. Decidimos ir a un xapones que foramos hai pouco, o sitio ten unha comida moi rica pero ten a peculiaridade de que non poñen alcol. Tampouco lles parece mal que o leves, vese como normal, asi que decidimos parar no supermercado a coller unhas cervexas. Eramos cinco dos que so Jorge e eu lle damos a birra . O caso é que ala fomos o supermercado, baixamos todos (supoño que por aquilo de estirar as pernas e non esperar no coche), entramos, collemos un pack de seis cervexas xaponesas (por aquilo de ir co sitio) e o ridiculo veu cando fomos pagar: tivemos que ensinar todos a ID! IDs, please -dixo a caixeira. Pasmense señores! En fin... Colleume os datos todos (estaba pagando eu), fixome firmar nun papel e revisou todas as identidades!!! Sempre saen ca mesma: es la ley, e non os baixas da burra. Peazo botellon con seis cervexas para cinco persoas. E se foramos menores? Iriamos todos (coñecendo a ley) de compras? Queda como anecdota do pais. Despois disto, fomos papar, papamos bien e rico, e por suposto bebemos as nosas cervecitas que, por certo, se parece moito a estrella galicia. (Se entrades na paxina, facedeo donde pon Kirin Beer in the US).

quarta-feira, 3 de dezembro de 2008

Mercores

Hoxe veu PapaNoel!!! Chegou montado no seu trineo pola neve... Aqui son así: que non hai neve, inventamola, que o día 24 vai ter moito lío, que veña o día 3. Pois si, hoxe había neve no hospital, tenho fotos pero este ordenador non da para mais, a ver se manha me chega xa o disco duro que encarguei e xa as ponho (tamen as poucas da visita fugaz). Todo para celebrar que xa puxeron o alumeado de Nadal no hospital.
Polo resto, os xefes seguen enredando cos magos, as ilusións opticas e complicandonos a vida os currelas... Unha parte do noso chollo é googlelear para ver en todas as noticias que saen para despois poñelas na web; canto mais falen de ti mais subvencións caen, xa se sabe. O caso é que cada dia saen mais novas. Outra parte é andar perseguindo neuronas e ultimamente parece que tamen espertaron. En fin, a poñerse en forma e correr atras delas.

terça-feira, 2 de dezembro de 2008

Martes

Martes, comidinha caseira no portugues: un chorizinho, pan da casa, unha chuletinha o punto e de postre un queixo, todo con viño da casa. Despois de comer imoslle tomar o cafe o vasco de Degrada se nos deixa a neve...

segunda-feira, 1 de dezembro de 2008

dez dias

Que non chegaron a nada...

sexta-feira, 21 de novembro de 2008

Let´s go Lakers!!

Un partidazo!! Toda a primeira parte igualados, os Suns parecian outro equipo comparado co da semana pasada. Pero na segunda parte empezaron a enchufar canastas os dos Lakers (Bryan e compañia) e acabouse a historia. O Gasol ten que comer ainda moito pantumaca para darlle feito o Shaquile, menudo mangallon! Moi ben a xente, un ambientazo, disfruteino moito. Hai que repetir.
E algo tarde, vou para caminha que manha e outro dia.

quarta-feira, 19 de novembro de 2008

Blog de Rocio

Parece que Rocío esta inspirada estes días asi que lle vamos facer un pouquinho de publicidade do blog para que tanto traballo tenha un pouco de recompensa... Ten un monton de letras todas xuntas das ultimas aventuras. Hai que pinchar aqui

Thanksgiving day

Ou día de acción de gracias. Case ou mais importante que o día de nadal; anuncios de pavos na tele, superofertas, as tendas abrindo ata as tantas como vispera de Reis, supercomida familiar, regalos,...
Nos estamos todos invitados a ir a cear a casa dos xefes (e, sen que vexan isto, pedazo casa!) :) Como nos vamos ponher! Ainda e o proximo xoves pero estou vendo o anuncio do pavo e ten delito...

domingo, 16 de novembro de 2008

Reflexos

De cando en cando pola maña o despertar vou para a ventana medio durmido e pensando que dia teremos hoxe, chovera, fara frio, a ver... Mala costume mirar meteogalicia de cando en cando. En realidade é un reflexo absurdo pq xa sabes o tempo que vai facer: bo. Realmente curioso.
Hoxe fomos a un Outlet de compritas, por enredar un pouco a tarde de domingo e coñecelo, pq aqui falaban ben del, o caso e que se estaba moito mellor disfrutando do solete nos bancos de fora que dentro das tendas. Hoxe caeu unha maletiña (aqui non teño maleta pequena e o outro dia marchei a San Francisco ca bolsa da compra, un pouco abandonadiño si pero non se pode ser tanto). A ver se atopo un dia para estreala. Xa queda menos para o Nadal.

American Dim Sum

Os domingos nos restaurantes chinos soe haber o que se chama Dim Sum, unha seleccion de platos en pequenas mostras como pinchos, van pasando carriños polas mesas e ti vas escollendo. A veces vamos por que esta moi rico e é moi barato.
Onte habia unha festa de familias con un determinado modelo de barbacoa (Big Green Egg). Non é extraño pq aqui hai de todo e de todolos colores: cando chegamos o parque habia uns indios (da India, supoño) xogando a algo que se parecia o criket e cando marchamos habia uns tipos facendo esgrima pero todos disfrazados de medieval, incluso as familias e amigos que estaban ali! A razón de ir a barbacoa foi que un do hospital tiña unha e puxo un anuncio no hospital para que fose o que quixera e ala fomos! A dinamica era a seguinte: a xente con barbacoa cociñaba e os miróns (nós) papabamos. O fabricante tiña ali as barbacoas en exposicion e o carbon pero non teño nin idea quen pagou todo, nos non seguro. Por dez dollares papamos e bebemos ata reventar, empezaba as dez e cando chegamos (12) xa estaban facendo unha pizzas, despois uns pinchiños de gambas con gabardina de bacon, hamburguesas, uns pementiños jalapeños, hot dogs, pavo, costillitas, pata de cordeiro, uns champiñóns con queixo, despois postres riquisimos... En fin, American Dim Sum.

Teño unhas fotos pero tamen un problema paralelo, achiqueille a memoria o ordenador. Xa estaba temblando antes da camara nova pero agora fixo pum! Asi que hai que esperar ata o Thanksgiving day (o ultimo xoves de mes) para aproveitar as rebaixas e comprar un disco duro... Sorry.

quinta-feira, 13 de novembro de 2008

Tosca

Tocas, casto, tasco, tacos. En fin, que hoxe toca opera.
Xa vos contarei.

quarta-feira, 12 de novembro de 2008

Rockets 94- Suns 82

O primeiro partido NBA! Shaquille O´Neal, Yao Ming, Steve Nash, Scola e outros moitos que non coñezo. Una penita, meteronnos un repaso, non sei eu como sera a semana que ven cos Lakers, que por certo se chaman Lakers pq a franquicia veu de Minnesota(cuna do basket por outro lado) e en Minnesota hai moitos lagos,...

segunda-feira, 10 de novembro de 2008

Phoenix Suns- Houston

O mercores temos partido!! Ale Suns!!

Electricidade estática

Coidado o sair do coche,
coidado o sentarse na silla,
ca lavadora/secadora,
coidado o tocar algo metalico,...
Hai que andar sempre con ollo que cando menos o esperas pegache un carallazo. A roupa de poliester bota chispas, un bo experimento: apagar a luz e sacar a camiseta (previamente cargada).

Roadrunner

1. Evidentemente os presentes non poden participar.
2. Os Anomino non poden levar premio.
3. Un Roadrunner espera polos que acerten.

domingo, 9 de novembro de 2008

Camelback Mountain

No medio de Phoenix hai varias montañas, entre elas Camelback Mountain. Esta aqui o ladiño da casa, a menos de quince minutos. E da para unha manha de domingo moi chula. Mais en fotos...
Premio para quen atope o correcamiños (sae en catro fotos).

terça-feira, 4 de novembro de 2008

Obama

Sorte. Yes we can. Brindo cunha botellinha de licor cafe.

CriticAL MASS.

Que pasada!!! Miles e miles de persoas, primeira paxina nos periodicos do dia seguinte, tenho un a ver se teño un minuto para escanealo e pasovolo. Xente e xente disfrazada, miles de bicis!!! Eu quero participare!!!!!!!!!!!!!! Din que naceu aqui, sera, dende logo eu flipei moito.

Catro de novembro

Por fin chegou o dia! A votar todos... e a ver que sae. Eu teño a festa de McCain aqui o lado, o que son as cousas. Din que sempre hai un galego en todolos lados, pois neste caso hai un das Pontes o lado da festa de McCain e teño un helicoptero toleandome a cabeza. Resulta que se casou nun hotel aqui en Phoenix e vai facer a sua festa particular no mesmo sitio! Mira que non e grande este pais!! O que son as cousas, como quen di as Campeiras nas Pontes ou a Milagrosa en Lugo, pois eu vivo en Biltmore en Phoenix. Ale, e que gañe Obama! Jejeje

segunda-feira, 3 de novembro de 2008

San Francisco

Chulo, chulo, chulo. Moi ben. Volvia de cabeza. Tenho moito que contar pero acumulase o chollo... Hoxe foi un dia atareado, despois de tres dias sen traballar pois habia moitas cousas pendentes. Pero de San Francisco traemos o sabor do mar, do marisquiño, da Estrella Galicia, tamen ChinaTown, Golden Gate, as sequoias, os leons mariños, os hippies, as casas victorianas, o "ambiente", a masa critica(impresionante, sen palabras),... Moito e bo. A ver se durante esta semana vou poñendo cousas. Ponho algunha foto para ir dandolle algo de aire a isto.

Por certo, manha temos eleccións!

Un saudinho.

terça-feira, 28 de outubro de 2008

Ata luns

Marchamos a San Francisco! Esperan as costas arriba e abaixo, o Golden Gate, Alcatraz, as secuoias,... See you on Monday! Taloguinho.

segunda-feira, 27 de outubro de 2008

LA Lakers

O dia 20 vamos a ver os Lakers!!

AZ State Fair

Isto é como unha festa das nosas pero durante tres semanas: estan os concertos, as atraccions, un amago de zoo, os espectaculos, os tiros, os postos de comida pero, claro esta, con un toque moi propio. Para exemplo as fotos... Habia un cento de postos de comida, mil cousas raras como Mars fritos, tarta de queixo frita ou a estrela turkey leg (pata de pavo), tamen hamburguesas, evidentemente. Os premios estrela no postos de tiro (de moedas, auga, pistolas de aire comprimido, aros, ...) son os peluches, enormes. Dos espectaculos fomos a un demolition derby, mirade o video que non ten desperdicio, ou mellor buscar en youtube que da moito de si. Estan todos tolos. Por certo, estaba medio Mexico como de costume. Vai haber que ir programando unha viaxe o pais veciño!

sexta-feira, 24 de outubro de 2008

Arizona

é deserto,
é grande,
é Mexico,
é USA,
é fronteira,
é diferente,
é o Grand Canyon,
é coche,
é palmeiras,
é area,
é auga,
é sol,
é Navajo,
é india,
é o wild West,
é Petrified Forest,
é Monument Valley
é carreteras,
é millas,
é pinos,
é saguaros,
é historia,
é natureza,
é espectaculo,

...

Lágrimas


Que cousa. Por fin chegou a familia de Rocio e o licor café!!!!!!!!!!! Que gustazo, que alegria, que sorpresa, que morriña, que rico, que cousa. Mmmmmmmmmm. Graciñas Santa Bea do Avión por este tesouro, pide por esa boquinha... Esta casa xa parece outra.

terça-feira, 21 de outubro de 2008

Camara


Tenemos chica nueva en la oficina! O domingo tocou pintar outra vez (habia que acabar o traballo...) e a noite, nun momento de arroutada, deume por cambiar de camara. Despois botei media noite sen durmir e o luns estiven todo o dia durmido. Acabo de recibila. Volvemos as reflex, por fin!!! A primeira vista non me entusiasma, ten moitas cousas boas pero outras tantas malas. Vouna probar uns dias e decido... En cronica dicir que para a semana vamos a San Francisco!!

sábado, 18 de outubro de 2008

Pintor

Onte tocou ser pintor! De brocha, evidentemente. Temos aqui no laboratorio unha caixinha donde metemos uns cacharros moi precisos e que lles afecta moito calquera tipo de radiación (non calquera pero nunca se sabe ben cal e a que che esta estropeando a medida). A solucion a este problema e facer unha caixa de Faraday, isto é recubrir todo con algo metalico. Unha opcion é forrar todo con aluminio, posible, e outra e pintala cunha pintura metalica especial (que foi a opcion escollida). A caixa e un tocho recuberto de melanina. O caso e que despois de limpar a caixa tres veces para que pegara ben a pintura, e case acabada a primeira man, espezamos a ver como se descamaba e caia a trociños. Un fracaso, hai que volver a empezar... Volver a limpar todo, lixar ben para que non volva a pasar o de onte e a ver como vai a cousa!
Para acabar o dia fomos a Tempe, que salvando que son uns fanaticos da seguridade, ten vidilla.
Volvemos o tempe market place, pasear algo, facer unhas compriñas e cear. Eu atopei uns Levi´s por $19'90 e caeron (un pouco caros si, pq os habia por $9'90). Despois fomos cear o Lucille's, un sitio peculiar. E de volta para a casa.

quinta-feira, 16 de outubro de 2008

Copypaste

Unha das miñas novas tareas aqui e levar conta dos pedidos (facelos, recibilos e ter conta deles). Ten un punto moi positivo que axuda a coñecer as cousas, saber como se chaman, de onde saen, como se moven, ... Esta moi ben. Na maior parte dos casos usase un mesmo programa que é unha central de pedidos para todolos hospitais que forman o CHW. O caso e que a Rocio deulle por pedir un monton de cousas con palabrotas como deshidoxinonseiquequemefaifalla NSSÑLKJ2, e asi unha recua delas. Eu, buscando o atallo, dediqueime a facer un copypaste pero a cousa tiña truco. Cando chegaba a medio pedido bloqueabase e perdia todo. Isto pasoume un par de veces ata chamar o servicio tecnico e volvelos tolos ata despois de comer pq os argumentos que eu lles daba ian noutra dirección. O caso e que perdin case todo o dia ata que me chamaron de volta dicindo: ¿e non andaras co copypaste? pois si, ando, non vou escribir todo iso! Pois si, hai que escribilo que esta folla de pedidos eche moi señorita e quere todo de primeira man... O caso e que razonando e buscando diferencias os que daban erro tiñan un maior-igual e os que non o daban, non o tiñan. Asi que acabei perdendo o dia pero fixen o pedido... con copypaste, claro.

terça-feira, 14 de outubro de 2008

Martes

Moito traballo e pouco que contar. Normalmente todos os martes temos unha conferencia para os de research, hoxe veu un de Harvard a contarnos unha batallinhas. Entendin pouco...

segunda-feira, 13 de outubro de 2008

Cronica da finde (Domingo)

O domingo estaba Hector de cumple! Felicidades!!
Pola maña andivemos de compras por Biltmore a ver que lle caia: as opcións eran varias pero acabamos comprandolle unha almofada moi gustosa e gozosa, a ver se durme un pouquinho mellor, :)
Pola tarde, despois de previa siesta de hora e media, fomos ver a posta de sol a South Mountain. Xa tocaba, que Rocio xa leva aqui case dous meses e ainda non lle coincidira! De ai son as fotos, moi chula pero vese que xa empeza a refrescar, xa non vale ir en camiseta pola noite. Quedaramos as sete e media para cear asi que despois da posta de sol (ponse as seis) fomos indo para o sitio e paramos nun restaurante-marisqueria ben curioso (Joe´s Crab) donde habera que volver a cear. Non era menos curioso o sitio da cea! Un sitio, de estilo tradicional do mais autentico, Rustler´s Rooste, con orquesta tocando country, Jorge bailando o "non rompas mas mi pobre corazon", con vistas a Phoenix (nunha ladeira de South Mountain), barbecue, rattle snake (serpe de cascabel), hot wings (alitas de polo imprescindibles), "tarta" con velita e happy birthday... Ceamos moi ben, ver fotos, e pasamolo moi ben.
Da gusto.



Cronica da finde (Sábado)

O sabado pola maña, como norma, toca limpeza. Eu tiven que ir os quarters (a lavanderia vai con cuartos de dollar) ó supermercado, asi aproveitei para pasar por correos, polo banco e polo super... Despois lavadora-secadora e xa foi a maña! Pola tarde quedaramos para ir o teatro: danza contemporanea. Duas notas: o propio teatro e a danza en si. Resulta que o teatro o que fomos e o da ASU (Az University), para flipar. Non vin un tan grande en toda Galicia. Un dos debates Bush-Kerry das ultimas elecccions foi ali e ademais foi deseñado por Frank Lloyd Wright. A danza moi chula, con algunha imaxe moi currada. Despois, claro, o rollo contemporaneo: non entendes nada pero e bonito.
Cando saimos fomos a unha Brewery (unha fabrica de cervexa) no mesmo Tempe, moi ben. Ala ceamos e bebemos (Rocio e mais eu, que Xoana e Hector van a augas, son moi sanotes...) cervexa moi rica. Mimadrinha cas alitas de polo, fervian!
Hai algunhas fotos do sitio. Ali vimos empezar a carreira de Alonso, a ver se vai espabilando...
Desta volta J&J (Jorge e Jin) non viñeron. Algo andarian argallando.

Cronica da finde (Venres)

Os venres toca xapones, xa parece norma que Jorge pregunte a onde imos comer o sushi... Desta volta tocou o Zen 32, eu non o coñecia pero esta moi ben ainda que un chisco caretes. Ala nos fomos despois de traballar, tardaron algo en atendernos pero para compensar trouxeronnos unhas fabiñas de soia moi ricas (son tipicas) e o camareiro-porteiro deunos un pouco de charla. E curioso pero cando dicimos que traballamos no St Joseph´s todo o mundo di: Really? (como flipando) e despois de dicirlles en Reseach din Guau, para finalizar comentando que o seu fillo, o sobriño, o veciño ou el/ela mesmo naceu ali... Non falla. A min pasoume onde comprei o coche, na aseguradora e nalgun outro sitio. O caso e que este camareiro-porteiro tiña unha avoa navarra ( o outro dia xogando o tenis coincidimos con un uruguaio que tiña unha avoa de Pontevedra!).
Ceamos moi ben, moi rico todo.

quinta-feira, 9 de outubro de 2008

Concerto

Onte fomos de concerto, Panic at the Disco. Moi ben, acabaran sonando moito.

terça-feira, 7 de outubro de 2008

Debate (III)

Ben. Debatiron. Da gusto verlles as cores, repetironse un pouco os temas (son obligados a economia e a guerra) e aproveitaron para correxir e puntualizar cousas que no primeiro non quedaran claras ou ben pincharan algo. Ben os dous, cada un na sua postura. Dician na radio que o mais importante era non cometer erros, como no xadrez, se non se cometen erros acabase en tablas. Asi Obama segue diante e esperemos que asi acabe.

segunda-feira, 6 de outubro de 2008

Luns

A casa segue ulindo a pulpo e xa vai mais dun dia...
En cronica, hoxe cambiei de laboratorio, para o mesmo que estaba o principio. Mais quentiño, con luz natural e con compañía.
Parece que xa entramos no outono, as maximas baixaron de 30!
E temos uns mosquitos moi bravos, menudas picaduras!

domingo, 5 de outubro de 2008

San Froilan

Non puido ser. Intentouse pero o final non foi posible. Hoxe levanteime moi cedo para ir comprar pulpo o Chinese cultural center. Ala me fun as nove da maña comprar pulpo, patacas, un bo aceite, sal gordo, pimenton e disposto a facerlle un homenaxe o patrono pero fallou a cousa. O primeiro punto foi que non tiña pota, tiven que ir a casa de Xoana buscar unha. Unha vez que conseguin a pota, empezei co pulpo (eran as doce), non tiña boa pinta pero eu confiaba no santo... O caso e que lle fun sacando unha pata cada cuarto de hora para tantear o tempo de coccion pero non houbo maneira. Despois de hora e media seguia mais duro que o principio e encima sen sabor ningun! Vese que son dunha raza moi falsa. Volvin outra vez o Chinese e merquei outra versión, esta eran xa os toros de pulpo cortado e precociñado, non podia fallar! O caso e que os metin na mesma auga donde fervera o outro para quentalo, darlle un fervor e un pouco de sustancia, pero quedou igual de duro! Imposible.
Acabei ca paciencia e fun durmir a siesta, para pulpo xa se sabe. Outro ano quedamos en Lugo. Boas festas!



Oktoberfest

Onte sabado, fomos a Oktoberfest en Tempe. Xa teño comentado outras veces que e unha cidade bastante animada pero ultimamente estamos algo moscas ca policia, xa van duas veces que nola fan. O outro dia, a Rocio (abuelita ella) non lle deixaron tomar unha cervexa pq non traia unha ID valida (unha identificacion con foto, aqui usase o carnet de conducir, no seu caso o pasaporte). Onte a Jorge non lle deixaron entrar na festa ca camara (unha reflex normal) pq dician que era unha camara profesional! Zumbados de todo.
O caso e que o recinto da feira, festa, verbena e algo asi como un parque donde habia o que en todas as festas: atracccións, un concerto, postos de comida, bebida,... Pero nada que ver cos alemanes, moito mais parecido o galego, iso si modulado polo seu caracter. Por exemplo, para beber habia que pasar primeiro por un posto de control de identidades donde che miraban a tua identificacion e se tal poñianche unha pulserita e con iso xa podias ir a facer outra cola para conseguir cervexa, un lio vamos. Nada. Para festas San Froilan.


sábado, 4 de outubro de 2008

First Friday

Pois o venres foi first Friday, outro! Cumplianse tres meses aqui. Hai cerquiña de downtown unha serie de ruas con galerias de artes e algun que outro garito alternativo e todolos primeiros venres celebrase unha especie de mercado, feira, dia de marcha,... especial: as galerias abren ata tarde, montanse postos na rua de cousas varias e os bares estan cheos (que non sucede normalmente).
Ademais hai outras actividades paralelas. Nos fomos museo de ciencias, donde habia unha unha charla moi boa dun de Google. Explicou un pouco a idea de expresa, o que buscan e como se plantexan o traballo. Da gusto verse en charlas de certo nivel asi de repente, igual que os concertos, e algo que se agradece desta cidade (supoño que de calquera cidade un pouco grande).
Como anecdota acordome que comentaba, citando a Ford (o do primeiro coche): "A xente pediame un cabalo mais rapido" (ou algo asi). O caso e que os de google estan continuamente creando, argallando e, aparentemente, non se complican a vida moito e lanzan os productos en fase de proba, e iso permite tamen aforrar tempo. Traballo moito e en boas condicions.

Despois fomos cearlle en downtown a un irlandes e tamen como era first friday, un par de cervecitas e pa cama.

quinta-feira, 2 de outubro de 2008

Debate (II)

Hoxe tocoulles os candidatos a vicepresidente. Moi ben, gustoume como debate. Para min gañou con claridade os puntos O Biden, menudo tipo. A Palin dixeronlle smile que tes un sorriso moi guapo, mira para a camara e pa diante; non a vin concretando ningun detalle de todos os temas tratados, todo estudiado e previo guion, algo nerviosa. "Como coido da miña familia vou a coidar das familias americanas" para despedirse, igualito si. O Biden, perro viejo, vese que ten moitas tablas, moi pausado, pareceume que foi replicando a cada item con coñecemento do tema e con precision. Sabe donde esta Kosovo ou Sudan, xa non e pouco pedir para un vicepresidente (non sei ela). A altura de calquera dos dous candidatos a presidente. Convincente.
Hai unha cousa, despois xa de dous debates, e é que cando estan de acordo non lles caen os anillos en decir que estan de acordo. Sorprende, para pensar.
A semana que ven mais...
Por certo, volveu a sair o tema Zapatero.

terça-feira, 30 de setembro de 2008

San Francisco!

Really? Guau. Pois si, parece que os xefes nos invitan a todos a visitar San Francisco antes de que acabe o ano. A causa non e motivo de celebración pq é algo triste pero...
O caso e que Xoana marcha a final de ano para California (a ver...) para outro laboratorio e a direccion de empresa tivo esta ocurrencia. Benditas ocurrencias! Xa contarei mais cando sepa mais e teña mais tempo, hoxe toca celebrar que a Rocio lle concederon unha axuda do ministerio (felicidades!). Festa!
Tou de volta, fomo o Lolas´s tapas. Comida española, loxicamente, o final acabas caendo... Habia tarta de Santiago que non era de Santiago e non habia chupitos de postre. O cafe nin o probamos (por se acaso), a tortilla nada que ver ca de Jorge (quede aqui constancia que prometeu facela outra vez) e o resto daquela maneira. Que nada, para comer como en España, Lugo!

sábado, 27 de setembro de 2008

Salt river tubing

Fin de semana, ainda dura o veran e seguimos moi por riba dos 30 asi que tocaba auga outra vez (en tanto non refresque hai que aproveitar). O rio que pasa por Phoenix e o Salt River e a media hora de aqui hai un sitio onde alquilas a camara dunha roda e te tiras rio abaixo durante horas, e o tubing! (aconsello este link). O mais parecido a unha xira ou romeria das galegas: bebercio e comercio. Teñeno moi ben montado, donde colles a camara teñen un servicio de buses que te levan rio arriba e despois recollente rio abaixo. A peña que xa o coñece teno moi elaborado, con moble bar, camaras pequenas para a neveira, sabanas para non rascarse, cordas para ir todos xuntos e non perderse (ou que ninguen monopolice a cervexa?). E isto durante horas!! E facil imaxinar que cando empeza todos moi serenos, pero o chegar o ultimo punto de recollida a peña vai polo aire. Hai de todo e de todalas idades! Ves pandillas, familias, parejitas,... Hai que repetir pero con mais infraestructura!

Despois fomos a pasear por un centro comercial en Tempe. Como aqui non hai ruas polas que pasear ou ir de compras, inventaron un centro comercial que ten forma de rua para pasear e comprar.

Nestas empezouse a montar unha tormenta das que caen por aqui, con vento e centos de relampagos. Estaba un pouco lonxe asi que ainda podia salvarse o ballet, que era o peche de xornada, e ala fomos (nun parque municipal o aire libre). Cando chegamos xa facia bastante vento pero cando saiu o primeiro bailarin eu penso quea Eolo non lle gustou nada (estaba un pouco fondon todo sexa dito en favor do deus) e tiroulle abaixo unha das torres de iluminación, vimos claramente como empezaba a abanear e caia, despois caeu a do lado, como un domino e asi ata catro. Menos mal que non pasou nada pq estaba o parque cheo de xente toda sentada na herba o lado do escenario. Algun ainda se debe estar recuperando do susto!

Buscando plan alternativo qué mellor que ir de papeo, acabamos ceando nun sitio de ambiente que se chama FEZ e tomandolle un margarita no Clarendon. Un bo punto final para un dia aproveitado.

sexta-feira, 26 de setembro de 2008

Debate

Miedito! Buff, non sei cal sera mellor... Despois de ver os dous en accion, mimadrinha que medo. De primeiras (empezaron ca economia e a crise) McCain empezou mais pausado e mellor colocado, explicou que para superar a crisis o que habia que facer era baixar os impostos (o que aumenta a nomina a final de mes, a xente ten mais cartos e pode pagar a hipoteca) e racionalizar o gasto (non malgastar!, despachouse a gusto ca polica de Bush, o que lle da moitos puntos) e de paso crear 45 centrais nucleares (creamos traballo e diminuimos a dependencia do petroleo). Todos contentos, sube. Neste punto Obama, quedou un pouco en pelotas, todo o mais que eu entendin era que pagaran os ricos (populismo barato). Que hai dos especuladores que provocaron a crise e se enriqueceron a costa dos pequenos? Que hai da redefinicion do modelo economico en que nos movemos e que non nos leva a ningunha parte?
Seguiron ca guerra e ai xa se empezou a montar. McCain seguia solido na sua postura, non sen razon. Xa que estas non podes andar con caralladas. Obama, outra vez en pelotas, que habia que ir a Afganistan e Pakistan. En Irak polo menos foron polo petroleo; a Afganistan e Pakistan, a que? A perseguir fantasmas? (Coller e matar a Bin Laden, literal). Home...
E asi seguiron con Rusia, Iran, Corea do Norte, Siria. Nada, que se non se portan ben os invadimos a todos. E aqui Obama empezou a tirarse a la derecha, e claro acabou no centro-dereita, (McCain, que xa non podia estar mais a dereita, soltou a de non podemos permitir un segundo holocausto (en referencia a sua negativa a saber nada de Iran) e cousas polo estilo. Aqui podemos ter bombas ou centrais nucleares pero o resto do mundo non, se chupan el dedo. Curiosamente, o punto de inflexion veu dunha pregunta de Obama sobre Zapatero pola negativa de McCain a entrevistarse con el, Obama con razon opina que se estamos na OTAN pois o loxico seria falar. (Un punto).
Fixeron un paso breve pola enerxia, Obama parece entusiasmado ca solar, eolica e tal pero sen dicir nada por que tamen defende a nuclear como elemento estratexico militar. McCain (non se anda con caralladas) esta pola nuclear e o petroleo.

Seguro que se me queda algo, pero son unhas primeiras conclusions.
Vamos que dios nos pille confesaus! Ale, a seguir mantendo un poderio militar, acojonando a todos e todos felices (que bonitos son os misiles). A crise xa pasara pero por que non hai mal que cen anos dure, aqui as solucions non se viron, en calquera caso mais vias de conflicto. Se alguen quere velo deixo aqui un link, gustame este xornal.



quinta-feira, 25 de setembro de 2008

segunda-feira, 22 de setembro de 2008

fMRI

Soa raro eh? Pois basicamente foi o mais emocionante do dia a pesar de ter que estar unha hora chantadinho como unha estaca! Hector esta traballando nun proxecto con resonancia magnetica sobre as relacions entre areas visuais e necesitaba un conejillo de indias, que hoxe fun eu!
O fMRI (en castelan IRM, aqui queda o link) da unha imaxe guapisima do cerebro (ou da parte que se analice). Alucinantes as imaxes (e mais cando se fai a animación), xa podedes imaxinar!!!

En cronica, diriavos de ir a este post de Jorge. Coincido totalmente con el.

Cine

Un par de apuntes de cine.
Onte fomos ver WALL-E, a ultima de Disney. Hai a quen lle gustou (Jorge e Jin, especialmente, ou Hector) e a quen non (a min moi pouco). Recoñezolle que ten certas reflexions positivas: este mundo vaise o carallo como sigamos asi e tamen unha caricaturizacion do americano bastante exacta: o soño dunha silla movil (un scooter) con un cupholder e sen ter que mover un pelo, acabando todos gordos como xa estan. Pero polo resto moita moralina (bandeiras, yes we can,...), robot (mixtura entre cortocircuito e ET) se enamora de robota con chistes faciles e momentos romanticos previsibles, exceso de empalague por momentos e gracias a America podemos cambiar o mundo. Despois si, os graficos, debuxos e tal moi ben. O mellor os quince primeiros minutos, un corto metido con calzador moi bo. (quixera saber chino ou ingles para explicarllo a Jin pero non me sae).
Hoxe Hector e eu fomos a ver a premier The lucky ones, gustoume moito mais. Os chistes mais currados, a peli menos previsible, taba polo medio Tim Robbins, moi recomendable. Estou dudando se alistarme e tal pero iso xa queda para outro dia.



sexta-feira, 19 de setembro de 2008

Queixumes.com

Outro blog (que non calquera blog!). Hoxe descubrin (non e sen tempo!) que Jorge tamen ten blog. Aqui vos deixo o enlace, ten boa pinta e agora vai escribir con frecuencia. Hai fotos de Phoenix e sitios os que non fun.
Ale, outro pico de visitas que non todas van ser de tua nai...

quinta-feira, 18 de setembro de 2008

Un pouquinho de autobombo...

Co voso permiso, e tamen colaboracion, a ver se lle facemos un pouco de publicidade o xefe que necesitamos aumentar un pouquinho as visitas, a ver se facemos un pequeno pico, jeej. Ale, a pinchar todos aqui que hai xente moi simpatica e estupenda! Tamen se traballa, ollo, que non se diga; podedes pinchar en Researh ou Publications.
Ale, un saudinho dun futuro profesional do tenis, ollinho eses lucenses...

quarta-feira, 17 de setembro de 2008

¿?

Quen me explica isto?

terça-feira, 16 de setembro de 2008

Tenis

En nada estamos xogando o aberto de Estados Unidos.

Imaxefree

Un pouco de publicidade para un colega...

Ola!

?¿ podes valorar con 5 estrelas este modelo que fixemos nos... para que vaia subindo no ranking de google? ten que ser dende a túa conta Gmail... e fariasnos un favorciño...


é moi facil, non é necesario comentar... só valorar... (con 5 estrelas millor hehe...) e xa está.

graciñas
unha aperta

--

hugolate


- -

segunda-feira, 15 de setembro de 2008

Phoenix


Xa no 500 a.C., os Hohokam desenvolveron un intrincado sistema de canais para regar campos de millo, fabas, cabaza e algodon. Restos daquel antigo sistema foron absorvidos e ampliados en 1868 pola Swilling Irrigation Canal Co., a primeira organizacion inglesa to stake claims in the long-desert valley (algo asi como facer un oco no val do gran deserto?). O ano seguinte o seu asentamento foi chamado Phoenix por un ingles que viu unha nova civilazación emerxendo como o mitico paxaro das cinzas dos desaparecidos Hohokam.
Fonte: Insight guides. arizona & the grand canyon. Discovery Channel Ed.

Hoxe si


Ola! Pois iso, xa estan as fotos... O caso e que onte fomos a Apache Lake, aqui o ladinho (xeograficamente, pq se tardan duas horas de carreteras reviradas) a navegar un pouco. É mais descansado que andar remando! É unha presa rodeada do deserto, cheo de cactus e os montes que se ven nas fotos. Antes pasamos por Canyon lake. En xeral aqui hai moitas posibilidades para practicar deportes acuaticos, neste non habia kayaks pero si barcos, motos acuaticas ou esqui. Tamen moitos pescadores.
Despois e para recuperar forzas, paramos en Tortilla Flat (population 6), un lugar pintoresco e historico. Podedes ver os billetes de dollar postos nas paredes, antiguedades e cousas curiosas. E por suposto unha cervexa con wings, prato tipico. Igual de tipico é o jerky, que ven sendo carne seca e que atopamos en todolos supermercados.
Para acabar o dia, era para ir as festas patrias mexicanas (celebraban a independencia) pero polo camiño chamou Jorge, onte estaba pachucho e non viñeron a excursión, para invitarnos a cear. Menuda cea! Mixtura de comida chinesa e española, que rico todo! Que recorde a bote pronto: croquetas, mooncake, tortilla, todo caseiro... Agora quedamos ca duda se queremos que enferme un pouquinho os venres-sabados ou non (é broma, evidentemente).

domingo, 14 de setembro de 2008

Domingo

Hai moito que contar, a ver se manha me acordo de todo, agora para o traballo de google (tamen images) buscade: apache lake AZ, tortilla flat az, jerky, fiestas patrias Mexico, cea en casa J&J (isto non sae no google pero estaba riquisimo todo, un gustazo),.... Manha ponho fotos que olvidei a camara.

sábado, 13 de setembro de 2008

Sabado


Acabou a semana e toca intendencia na casa...
Onte fomos a un festival (Moon Festival) no Chinese Cultural Center. Non entendin quen o organizaba, se a igrexa ou o bar da esquina, parecia un festival de fin de curso dun colexio pero estaba moi ben, moi animado e diferente, diria entrañable. Habia un grupo de senhoras cantando (coral), unha escola de artes marciais, un grupo de musica (instrumental), unhas nenas bailando, unhas señoras tamen ... Despois cea, claro, nun chino; a mellor das (comidas chinas) que levo dende que estou aqui. Como tipico elaboran a moon cake.
E hoxe intendencia, poñer lavadoras e secadoras na laundry, facer a compra e limpar un pouquinho. Ainda fai moito calor, era para xogar o tenis pero vai ser outro dia. Manha igual volvemos a navegar noutro lago diferente, hai que aproveitar veran de oito meses :)
Por se alguen se anima deixo este enlace

quinta-feira, 11 de setembro de 2008

Outros concertos

A oferta cultural ainda vai sendo amplia, empeza a temporada de basket! e futbol (americano)! É coña, aqui tedes algun concerto que outro; dos que eu identifique: Luis Miguel, Santana, Alanis Morrissette, Sheryl Crow, New Kids on the Block, Coldplay ou Meat Loaf veñen nas proximas semanas. Xa vedes para todos os gustos.
Hoxe foi un dia longo no laboratorio e non deixa de haber sorpresas ultimamente asi que vou para cama descansar un pouco.
Que se prepare Nadal, agora que se pode fomos xogar o tenis despois de seis meses sen facer deporte, mima, maña maniotas!!!! Ah, si, hoxe tamen era (é) sept 11 pero non me enterei, non sei no resto do mundo (vese que segue dando voltas...)

Concerto

Onte fomos de concerto. Maroon 5 e Counting Crows.
Bah, bah. Tenho pouco tempo asi que queda unha entrada de corta e pega (youtube...)

terça-feira, 9 de setembro de 2008

Un pouco de Wikipedia

Xogando un pouco ca wikipedia podemos ver que os USA veñen tendo unha superficie de 9.826.630Km^2, España 504.030km^2 e Arizona 295.254Km^2; o que nos da unhas relacións de 19.5 veces España para o pais enteiro e 0.59 para o estado de Arizona.
En Arizona hai sobre 6.000.000 de persoas pero se restamos a poboación das areas metropolitanas de Fénix e Tucson (sobre 5.000.000 en 40.000Km^2 aprox) quedannos unha densidade de menos de 4 persoas/Km^2! Vamos que esta baleiro o estado!! Arizona pasou a formar parte dos Estados Unidos en 1912! e é do mais facil atopar cidades fundadas nos anos 50 e 60. Venseme a cabeza Galicia donde cada metro cadrado ten un nome...

segunda-feira, 8 de setembro de 2008

Dust storm

Estan anunciando unha tormenta de area na televisión. Como as que de cando en cando saen na tele nas Canarias da area do Sahara. Non sei se a verei pq é de noite, maña veremos como esta o coche. Tamen seguimos no Arizona Monsoon, que ven sendo unha especie de monzon, digamos que hai risco de tormentas (poucas contei) ata o 30 de sept.
Por outro lado, por fin empezamos a baixar dos 100F (38ºC) despois de pasar todo o veran nos 110 (e por riba!).

Eleccions

Hoxe sairon varias cousas interesantes sobre as eleccións. Se alguen pensou que Obama o tiña facil que se desengañe.
Na tele saiu unha enquisa da CBS onde estaban nun empate (47% Obama, 48% McCain e 7% de indecisos; sei que non suman 100, era algo asi), na sua website anuncian que McCain esta un 2% por riba, este cambio asociase á convención republicana e a vicepresidenta, que é para darlle de comer a parte. Sara Palin esta polo creacionismo nas escolas, antiabortista radical (sempre presente na campaña, como tamen a relixión), as armas (e o que se lles asocie, acaba de mandar un fillo a Irak), mais pozos de petroleo en Alaska, con unha experiencia nula en politica (non sei se e bo ou malo, lease Bibiana Aido en España),...
No New York Times sacan o seguinte mapa, encarnado de mais!
Por outro lado atopei este artigo de J. Stiglitz en El Pais, vale a pena (un pouco de aire).
E como conclusión un dato da wikipedia, dende Theodore Roosevelt (1901) houbo 11 presidentes republicanos (sumando 60 anos) e 7 democratas (sumando 48).
God bless America (e que nos pille confesados...)

domingo, 7 de setembro de 2008

Prescott, AZ


Un domingo ben aproveitado e un novo sitio para coñecer. Isto da para moito. Fomos a Prescott un sitio cara o norte, donde é mais alto e refresca un pouco, para argallar ca auga e coñecer a cidade. E unha das cidades historicas do Oeste, ten ruas "razonables", xente, arbores e un parque! Tamen fomos a un saloon, dos das peliculas, que tivo entre outros propietarios a Wyatt Earp, Virgil Earp e Doc Holiday...
Moi chulo todo, vale a pena. Puxen fotos (algunha boa polo medio), moitas dalgunhas tendas de recordos e regalos simplemente estan simpaticas.

sábado, 6 de setembro de 2008

Heard Museum

O Heard Museum of Native Cultures and Arts é iso, o museo das artes e culturas nativas (de norteamerica), e chamase Heard polos fundadores. Fomos con pouco tempo, non ten uns horarios moi amplos, e visitamolo as carreiras pero ten moi boa pinta. Volveremos. Ten unha descripción xeral dos pobos que formaban esta rexión e despois moitas ceramicas, telas, platas e turquesas... Despois tamen hai unhas galerias contemporaneas (como non, de cousas raras).

Como dato curioso, e para darse conta do pasado tan proximo e tan distante á vez, dicir que arizona pasou a formar parte dos estados unidos en 1912.

First Friday

Espesito foi o venres. Un dia longo no traballo e curioso no resto. Volvemos a ir a ver as Mercury! Penso que estivo mais emocionante o primeiro dia, igual pola novidade, pero non deixa de ser un reflexo do "espectaculo" americano. Agora xa empeza a verse ese circo nos partidos en españa, polo menos na liga de baloncesto ou de futbol sala, pero e que aqui bordano. A musica, o espectaculo en cada minuto de descanso, en cada segundo donde non pasa nada ou o xogo non esta moi lucido, enseguida inventan algo...
Despois fomos tomar unha cervecinha, era venres. O titulo do post ven a que o primeiro venres de mes celebrase (non sei se é unha celebracion) unha especie de feira-mercado-tenderetada-artistadavariada-hippiesde20titantos-carallada. O caso e hai unha serie de ruas residenciais cerquiña de downtown que estan cheas de galerias de arte e aparentemente bares (non teño moi claro se abren de diario ou non) que se enchen de postos e tenderetes de artesania do mais variado. O final montase unha ensalada moi curiosa.
A min recordoume, salvando distancias, os festivais do porto en Brest (nota para a bretona), ou un festival folk dos nosos (para a tropa terrestre e salvando distancias tamen). Habia xente rarita, un tipo subido a un bafle-taburete e cunhas tablas de la ley contando que acababa o mundo ou sabediosque, uns cun cartaz de free hugs (buen rollito pero nada orixinal, xa esta inventado e non apetecen a 40 graos e todos sudados) ou un tipo falando en español decindo que viña a fenix por motivos de relixión (este oimolo falando na rua pq levaba unha camiseta do barça e acercamonos). Nas galerias non entramos, ibamos dereitiños pola cervexa.... so tomamos unha pero a cousa pinta ben, seguiremos investigando.

En crónica, dicir que me puxeron unha multa de $16. Ainda non entendo o motivo. Eu estaba aparcado donde aparco sempre e donde esta sempre cheo de coches pero cando cheguei a noite polo coche tiña unha multa, xa veremos pero aqui teñen leis un tanto raras, por exemplo non se pode aparcar a menos de x pes dunha boca de auga dos bombeiros e cousas polo estilo. Igual foi algo diso.




quinta-feira, 4 de setembro de 2008

4 sept


Ola, hoxe foi un dia dos mais intensos no laboratorio e maña promete ser parecido, pola noite cunha pouca de sorte imos animar as Phoenix Mercury. Por certo volvin a ver un colibri, lastima de camara pero estaba na casa. Para amenizar un pouco o blog deixovos esta foto da nevera. A ver se me faigo con unha camara nova e ando mais con ela, que hai imaxes curiosas a cada momento!

terça-feira, 2 de setembro de 2008

Estamos en campaña

Vou ir poñendo algún link para ir seguindo a campaña electoral.  
Aqui van os primeiros para Obama

Dia 2

Sen moitas novidades que resaltar, hoxe toca colada. Os complexos mellores teñen lavadora propia en cada unit (apartamento, estudio,...) pero os mais normaliños, que non malos, teñen un cuarto de lavanderia. Hai que meter a roupa, deterxente e moeda, por orden e no seu sitio; e en media hora esta listo. Despois a secadora, que non e que faiga moita falta pero é comodo, igual compro un tendal, aforrase e non estropea tanto as camisetas. E pouco mais, marcho para a piscina que fai un calorcisisimo...

A esto se dedica la tropa (III)

Primeiro de sept (en obras)

O luns aqui foi festivo, o primeiro luns de sept celebrase a festa do traballo e fomos de rebaixas. Mimadrinha que centro comercial, de todo, como en todos. Do mais curioso os outlets para compar roupa tirada de precio, lease Levi´s a $27 ou Vans a $10,... 
Pero o mais curioso de todo foi unha tenda de cousas raras, donde habia de todo, por exemplo cervexa Duff!

Despois fomos coñecer Tempe, outra cidade pegada a Phoenix, aqui o lado. Moi interesante, con vida pola rua! Incluso hai un restaurante (cadea, obviamente) que fabrica a sua propia cervexa. 

sábado, 30 de agosto de 2008

Aeroporto

Despois dun mes, que pasa voando, hoxe marchou Laura. Unha magoa. O caso e que mirando polas tendas para comprar regalitos vimos algo do que ainda non tiñamos idea remota que existia, benvidas estas cousinhas que ainda sorprenden cando parece que esta todo visto! O caso e que no medio de chaveiros, tazas, camisetas, atrapasonhos, postais,... vimos unhas fabas (beans) dentro dunhas caixinhas saltando soas!! Tal cual. Pois a solución esta nun bichinho que se mete dentro, sorprendente.


Outra opción

O outro dia Jorge descubriume o live.maps que é unha pasada. Hoxe estiven mirando por curiosidade algo de Galicia e donde hai definición é impresionante; a minha casa (Lugo) pode verse dende todas as perspectivas, podese rotar a imaxe, practicamente saio pola ventana... As Pontes ten moi pouca definición igual que os sitios pequenos pero e de supoñer que iran mellorando. Tampouco se ve moi claro Bretaña ainda que se identifican as casas. Africa mal de momento. A ver como acaba isto, non parece lexos o Show de Truman.

quarta-feira, 27 de agosto de 2008

Xogando co google (street view)

En google, e indo a google maps, hai unha función que é o street view. A idea e un coche que foi facendo fotos e fotos por onde pasou. Propoñovos algunhas paradas:
i)St Joseph's Hospital & Med Center, Phoenix, AZ. (o hospital)
ii)3130 N 7th Ave, Phoenix (El Cortez, onde vivin este primeiro mes e medio)
iii)4638 N 24 St, Phoenix. (Biltomore Club, o proximo complexo de apartamentos onde estarei o luns).
iv) 1 Central Ave, Phoenix. (Para ver o downtown, seguir dirección norte)
v) 10 W Camelback Rd, Phoenix. (Unha rua típica, das grandes, seguir cara o leste)
vi) US Airways Center, Phoenix. (Onde xogan os Phoenix Suns, en fenemino as Mercury)
Instruccións:
1) Irse o google maps.
2) Activar as funcións street view (saen a calles en azul) e satélite das funcións arriba a dereita.
3) Copiar e pegar as direccións en amarelo na barra de busqueda.
4) Pinchar sobre a rua en azul para ver as imaxes. Navegar na foto.

E asi podedes visitar tódalas cidades dos USA que vos apeteza (Nova York, Los Angeles,...). Vexoo moi útil para facerse unha idea de como é isto. De Europa de momento hai pouco ou nada. A min funcioname ben co Explorer pero vaime mal co Mozilla.



segunda-feira, 25 de agosto de 2008

Cambio de residencia

Resolveuse o misterio do último mes e medio, por fin coñecin o meu caseiro! É un personaxe curioso, do mais peculiar. O caso e que tiñamos apalabrado un piso nun complexo pero que estaba ocupado e esperando eu quedaba un estudio doutra persoa que estaba de viaxe; pero disto xa vai mes e medio... O caso e que o que vive aqui volve maña e eu composto e sen casa. Asi que hoxe veu a verme para falar do tema e, xa estando aqui, chamou o do outro complexo e bo foi que marcha! Asi que o domingo teño piso novo noutro complexo algo mais fino. O resto da semana acabamola nun hotel...

domingo, 24 de agosto de 2008

Finde tranquilo

Esta finde vai ser (foi) de relax, sen grandes aventuras. O venres pola noite cea superfina, o sabado piscina-casa-piscina-casa-partido de basket (aqui empezaba as 23:30) e o domingo de domingueo. Hoxe chega outro pasaxeiro mais o barco, unha sevillana... Esta semana toca mudanza pero ainda non sei moi ben a donde, cambio de casa. Manha resolvese o misterio do ultimo mes: a cara do meu caseiro (so o coñezo por telefono). Voulle facer unhas fotos a este complexo antes de marchar.



quinta-feira, 21 de agosto de 2008

Americanos

Os "autenticos" son bastante parecidos a como os imaxinamos, son asi. Faltanme datos de todos modos.

Vicky, Cristina, Barcelona

Acabamos de ir a ver a última de Woody Allen. A min gustoume. Ten un punto coñero vela aqui e en versión orixinal esta moi ben, ata Pe o fai ben (que gran actriz!). Despois esta o rollito Spain is diferent, machito español, como en Epaña en ningun sitio e sae Oviedo... Despois (e nisto ainda se nota a falta de adaptación) o corpo pide ir tomar unhas cañitas pero saes e das de frente ca realidade: o secador de pelo (que ven sendo o aire que sopra por estes lares).

quarta-feira, 20 de agosto de 2008

Mexicanos

(tamen proximamente, vou durmir un pouco que caio co sono)

Estan por todas partes! Eu diria que son un tercio da poboación en Arizona (ainda que non teño datos e non coñezo o sur do estado que me podo quedar corto). Hai barrios netamente mexicanos, vas pola rua e todo esta en español, casas e negocios (restaurantes, talleres, tendas) son mexicanos. Cando subes a South mountain dache a sensación de estar en Mexico. O que tampouco teño moi clara a sua vontade (necesidade) de integración; por exemplo, onte nunha sala do hospital chegou unha parexa xoven (20 anos) e ningun dos dous falaba ingles! Isto como curiosidade, pero o caso e que toda a sala falaba en español (hai un servicio de interpretes profesionais no hospital), asi igual onde comprei o coche, no banco, no mcdonalds, no aeroporto, na oficina da seguridade social, cando saquei o carnet de conducir,... En cantidade de sitios atopas traballadores ou xente falando en español e, en xeral, todos son currelas. Non sei dentro de vinte anos. Hai radios, canais de tv, revistas.

Indios

(proximamente)

Indixenas.

No canto de falar dos indixenas, e nun termo máis amplio, podemos falar da "peñita" que atopamos por Arizona. Clasificariaa en indios (os indixenas propiamente), americanos USA (en particular blancos pois hai moi poucos negros), resto de razas (a destacar mexicanos, eu penso que andan cerca de ser 1/3 da poboación en Phoenix!) e os que chamaria temporais (que somos os que estamos mais ou menos de paso). Destes ultimos teño que facer un grupo a parte pois ainda que igual numéricamente non somos tantos, decir que no día a día convivo co catro (+1) galegos, unha chinesa, unha madrileña-castellana e dous hungaros, ademais polo laboratorio abundan os brasileiros, chineses, rusos,... Tamen, e independentemente do grupo temporal, vese moita movilidade entre a poboacion, o xefe por exemplo e de Hawai (eu tamen me pregunto que fai en Phoenix).

Dende un punto de vista de clases (economicas evidentemente) hai un montón de currelas, a maioria e dan igual as cores, a clase media e os ricos (estes xa sabemos como son). Dos primeiros chamame a cantidade e a idade, explicome: se vas a un restaurante esta cheo de camareros, pero moitos, o mesmo pasa se vas a un concesionario de coches que esta cheo de vendedores, o banco, ou se vas o supermercado; despois a idade, hai xente nova (o que igual non chama tanto a atención) e xente moi vella, podes ver a persoas que pasan moito dos 65 facendo os traballos mais variados (ocorrenseme unha señora que serve no comedor, un inspector de incendios que pasou hoxe polo laboratorio, un bedel ou unha caixeira da tenda de regalos todos mais cerca dos 80 que dos 65). E temos 17 dias de vacacións ó ano, sen baixas nin caralladas (que eu sepa)!



terça-feira, 19 de agosto de 2008

Help

Hoxe teño o día pouco inspirado. Non se me ocorre cousa. O dia no hospital non foi moi diferente, fomos cear a un chino e a maior aventura foi inflar unha roda do coche que perdeu aire, esta por ver se pinchamos. Pola maña escoitando neuronas, pero ata estan un pouco rebeldes, e pola tarde lendo un pouco de teoria para situarse... E nestas estamos. A proposta e a seguinte: ¿quen me bota unha man e saca tema? Gracinhas.

segunda-feira, 18 de agosto de 2008

Las Vegas (III, a cidade)

Impresiona, eu diria que é un sitio a donde hai que ir. Despois xa nos pode gustar mais ou menos pero hai que ir. Pola cantide de pasta que se move, por ver o comportamento da xente, por ver a arquitectura, por ver os espectaculos (de maxia, concertos, circo do sol,...), por ver as chapels donde se cumpre aquilo de casarse en Las Vegas, polas luces, polo business (que o final o move todo)...
Duas zonas, unha mais vella e hoxe menos relevante, donde nos quedamos nos e onde esta a Freemont experience, e outra zona donde estan todolos superhoteles-casino (Bellagio, Caesars Palace, Flamingo Hilton, Luxor, MGM Grand, Mirage, New York-New York, Paris, Riviera, Stratosphere, Venetian,... ) e que se chama the Strip. O lado, o aeroporto.

Non fixemos fotos por que unha volta por google images ou google maps da mais idea.

America is different (Lake Havasu City)

(Copio textual da guia de El País Aguilar).
"El empresario californiano Robert McCulloch fundó Lake Havasu City en 1964. Este complejo veraniego junto al río Colorado se hizo muy popular entre los habitantes de Arizona, un Estado sin salida al mar. Cuatro años más tarde, McCulloch compró London Bridge y lo transportó desde Inglaterra hasta Lake Havasu. Algunos se mofaron de él sugiriendo que había comprado un puente muy corriente cuando en realidad creía haber comprado Gothic Tower Bridge. Además, la burla aumentó ya que no existía en Havasu City ningún canal sobre el que colocar el puente. McCulloch resolvió el problema creando el canal que necesitaba. Desde entonces, el puente y el complejo cercano, estilo Tudor, son algunas de las atracciones turísticas más visitadas de Arizona". Non vaiades, palabra. Nun vistazo a paxina do concello podense ver cousas como esta.

Las Vegas (II, a viaxe)

Marchamos o venres pola tarde despois de traballar, pasamos por Wickenburg (que se presenta como "donde o oeste ainda é salvaxe" e donde igual hai que volver), logo seguindo o camiño pasamos por un "bosque" de Joshua Trees (si, tamen é un album de U2 que fai referencia a un parque que esta cerquiña de aqui). E ata aqui o dia, despois xa se nos fixo de noite cunha posta de sol como acostuma por aqui, purpura purpura. Chegando a Las Vegas pasase por Hoover Dam, unha presa que no seu tempo foi a mais grande do mundo, vimola de noite e de dia o domingo, esperamos case unha hora (pasase por encima e teñen unha especie de aduana, supoño para que non tires a lavadora polo muro). Finalmente, e baixando da montaña, atopas de frente todas as luces do mundo xuntas! Iso e Las Vegas. Chegaches.

O domingo volvemos a pasar pola Hoover Dam e no canto de vir cara a Phoenix baixamos bordeando o rio Colorado por Lake Havasu e Lake Havasu City, o sitio cas maiores temperaturas do estado e donde un zumbado multimillonario lles comprou unha ponte os ingleses e a chantou no medio da vila, salvo a auga do rio o resto desertico. E volta para a casa.

domingo, 17 de agosto de 2008

Las Vegas (I)

O maior parque de atraccións que coñezo! Impresionante pero, o mesmo tempo, un pouco decepcionante. Increible a cantidade de casinos (non hai outra cousa, non busquedes), impresiona o seu tamaño e o recursos, a cantidade de pasta que se move en cada un deles e desproporcionada, a cantidade de atraccions; collen tres caninos como o de Madrid en cada un dos grandes de las Vegas e hai como quince ou vinte. O resto unha cidade pensada por e para o business. Decepcionante por que como en todo parque de atraccións saes escaldado, hai poucas opcións salvo gastar os cartos (cada un decide como). Podes pasear pola rua principal que é como un decorado xigante, donde colle unha replica da plaza de san marcos en venecia, unha replica a escala da torre Eiffel ou o downtown de new york, alucinante; todos hoteis con centos de habitacións. Para o resto gasta e non pouco.

quinta-feira, 14 de agosto de 2008

Cervexas


Hoxe descubrimos un novo supermercado, o nome xa da a idea "fresh and easy". Todo con moi boa pinta, bastante variedade e cousas simples; vamos o ideal para ir facer a compra e facer unha cenita cun viño frances (vive la france!), unha selección de queixos e un postre rico. E asi ceamos... agora tamos co chupito digestivo de Amarula que por certo se esta acabando (nota de prensa para África, unha aperta grande Fran!). Por certo, poño unha foto das cervecinhas por que estan presentes en todolos supermercados e hai unha variedade enorme, hainas mais ricas e menos pero todas axudan ca calor.

Outro link da tropa.

terça-feira, 12 de agosto de 2008

Comparación

Abril:










Agosto:


Finde...

Este finde toca Las Vegas!

A esto se dedica la tropa (II)

Outro link dos magicians. Por certo, este (que non ten que ver co estudio) sae de cando en vez na tele e pareceme moi moi bo.

segunda-feira, 11 de agosto de 2008

Gran Canyon


Xa fomos e xa volvemos! Marchamos o venres despois de sair de traballar a iso das cinco. Todo dereitinho ata Flagstaff, que e unha cidade universitaria moi animada, ceamos e tomamoslle algo. O sabado Gran Canyon! Igual que o deixara en abril, con tormentas pero segue sendo espectacular, non ten dimension, tes a sensacion de estar diante dun decorado, diante dunha fotografia. Hai que velo. Posta de sol e volta para Flagstaff. O domingo subimos a Agassiz Peak, o monte mais alto de AZ que tamen e unha estacion de esqui por raro que pareza. Hai un monton de fotos que subirei esta tarde! Saudos dende Phoenix.
Por certo, vimos un coyote.

quarta-feira, 6 de agosto de 2008

FINDE!

A a ver se esta finde vemos o gran canyon e nos movemos un pouquiño que a vida de laboratorio non da para moitas emocións...

pROPOSTA dunha nOITE

Que pode ser cear nun restaurante japones e logo unha peli independente. O restaurante moi bo, moito comemos! Un sushi de atun e logo un vexetal e un teriyaki de polo, moi rico todo. A peli daquela maneira, gañou Sundance este ano pero non deixa de ser unha peli de adolescentes contada doutra maneira. Non sei, miradea e contadesme.

terça-feira, 5 de agosto de 2008

Ilusions opticas

E como vemos? Todo un misterio...
Para entreterse un pouco pinchar aqui.

Un mes

Ola, ola! Pois xa vai un mes e pasou voando pero xa da para sacar algunhas conclusions.

Non se anda, a rua e para os coches, somos coche-dependentes. As actividades de diario fanse dentro dalgun recinto, traballo, ocio, compra, etc. Todo.

Durante a semana, salvo excepcions vives pendente do traballo, que non e agobiante pero si que absorbe, de repente e luns e cando te das conta e venres. Podes ir tomar unha cervecinha, ir a un concerto, partido ou a algun papeleo pero pouco mais vas facer.

Calor!!

Non hai carallada, non hai pan (do bo), non hai tapas, non podes ir correr, non andas, non hai mar,... America para os americanos e viva Lugo!

sábado, 2 de agosto de 2008

A esto se dedica la tropa

A isto, aquilo e aqueloutro. Entre outras cousas. Son os xefes, o meu é Steve Macknik.

sexta-feira, 1 de agosto de 2008

Rodeo!


GuaU!! De pelicula, tal como o imaxinamos.
Se no concerto de onte xa habia unha fauna peculiar, non vos conto no rodeo de hoxe. Nunca tanto sombreiro, camisa impecable, jeans, botas de punta,... vin.

Vou vendo que é norma xeral (despois de celebrar o catro de xullo, ir o basket e hoxe o rodeo) que todos os actos grandes empezan cunha exaltación do espiritu patrio. A de hoxe foi superior incluso a do 4 de xullo; anuncios varios do exercito con video, novatos xurando no centro do foso, aplausos e homenaxes as tropas; despois oración e himno, outro clásico, cantado por algun famoso de turno ca xente en pe e silencio absoluto.

Despois empeza o espectaculo en si; luces de cores, musica a tope, sonido espectacular e un speaker que se las sabe todas...
Pois resulta que isto ven sendo unha liga, poñamos que hai 22 (por dicir un numero) profesionais e cada un monta unha vez. O asunto esta en aguantar enriba do toro 8 segundos sen tocar nin o corpo nin o toro (por iso van ca man levantada); hai catro xuices que puntuan do 1 ó 25 a o ride (paisano) e o toro, asi podese sumar como máximo 200 e despois dividese entre dous para dar o resultado. Acaban todos e acaba o asunto, non hai premios nen nada. A gran final en novembro en Las Vegas!!
Duas horas e media. Ver fotos para facerse unha idea.


quinta-feira, 31 de julho de 2008

Concerto

Ringo Starr & his all star band, lamentable (sempre para gustos hai colores). Collanse un grupo de figuras americanas dos 60, 70´s cos seus mellores exitos e con todolos seus fans mais tolos e metense nunha caixa pechada, remexese e abrese cuarenta anos despois; como resultado temos os fans cuarenta anos mais vellos (hai que velos), os fillos dos fans e unhas caricaturas de musicos, forzando as cadeiras e dedos ata o limite que lles permite a artrose, cantando todos, tocando todos calquera instrumento,... en plan cena fin de curso. "Esta la compuse yo en el año..." O peor o Ringo en plan diva, o mellor un iggy pop cun pelo mais blanco que o de Knut. Momento estelar no medio do concerto, todo o publico en pe desafinando o yellow submarine. O sonido obviamente limpisimo, espectacular e o teatro de cine, menudos medios. E asi ata o momento final donde un extraño xogo de luces se vai tornando en azuis e vermellos con un caleidoscopio de estrelas (la bandera) e cantando todos xuntos o give peace a chance. Pa habernos matao! En fin, solo os bos viños envellecen como ten que ser.
Outros concertos deste mes(dos que me soan polo menos os nomes) son os Stone Temple Pilots, Linkin park, Motorhead, Judas Priest, Heaven & hell, Motley Crue ou Tina Turner. Maña toca rodeo...

07/31/08

Que ven sendo hoxe. Pouca cousa, primeiro dia de paga, non é sen tempo que xa levo un mes aqui! Marcho que teño que marchar, vamos a ver a Ringo Starr...

quarta-feira, 30 de julho de 2008

Inciso (II)

Para as fotos hai que ir aqui a dereita, onde pon "algunhas fotiñas do que vai caendo na caixa", pinchando fotiñas xa nos leva a picasa (http://picasaweb.google.com/pedrafita). Nos textos tamen vou poñendo enlaces. Os titulos baleiros son iso, títulos baleiros, ideas que teño intención de comentar; puxenas no momento que me vin que da para algo pero que nese momento non tiven a inspiración ou a foto que quería...
Polo resto é un blog en construcción, hai ferrallada por todas partes, trozos e pezas inconexas que habera que ir montando ou non. Na caixa de zapatos collen figuriñas, algunha pedra bonita, un lapis e unha nota, un cordón, conchas da praia, un pin, un coche de xoguete, un debuxo nunha servilleta; pezas dun puzzle para ir montando (xa veremos).

terça-feira, 29 de julho de 2008

Tele

Penso que ainda non dixen nada da tele. De primeiras hai unha diferencia que é que non se sintonizan os canais, estan todos sintonizados; logo o canal 2 corresponde a C-SPAN, o 3 a KTVK, o 4 a... asi ata case 300! agrupados en paquetes: basic (26), expanded (46), digital(unha pila que non vou contar, incluindo music choice, variety, sports & info, movie e paquete latino), premiums, o pay per view e hi-def (alta definición).
Eu teño o paquete expanded, que inclue dende o discovery channel a un de viaxes, galavision ou animal planet e tamen the weather channel (son as 9:30 da noite, Downtown Phoenix 35ºC e 15% de humidade). Bastante variedade. Polo resto pouca diferencia ca tele española, é o mundo global, estou vendo House.

EScoitando neuronas (II)

Seguimos ca parte experimental que parece vai ser unha parte importante do traballo. Hoxe conseguimos minimizar o ruido, que en parte esta producido polo propio corpo, pero faltounos atopar unha neurona saltarina. Mellora a cousa pero ainda falta... E ala foi o día! Agora un descansinho que son horas, unha cervecinha, un pouco de tele e pra cama.

EScoitando neuronas (II)

Seguimos ca parte experimental que parece vai ser unha parte importante do traballo. Hoxe costou pero conseguimos unha mellora sobre as respostas de onte, sobre todo a hora de minimizar o ruido de fondo (en parte producido polo propio corpo) pero non conseguimos ningunha neurona grandota. Outro dia sera, un pouco de tele e pa cama!

segunda-feira, 28 de julho de 2008

Escoitando neuronas.

Hoxe tocou escoitar unha neurona. A teoria é simple, pos un electrodo dentro da neurona e outro fora facendo de terra; como as neuronas responden a determinados estímulos, a groso modo as do sistema visual activanse con luz, iso xenera un impulso electrico medible que amplificas e escoitas! A partir disto todo se complica...

domingo, 27 de julho de 2008

Fossil springs

Hoxe tocou a primeira excursión da temporada!! Visita a fossil springs, pasando polo Tonto National Forest, en Coconino National Forest, preto do Mogollon Rim (dos indios Mogollon). Todo isto por confirmar co mapa. A excursión moi ben, hai fotos para os biologos e para enredar. Nos las prometiamos felices porque tiñamos unha referencia doutra paxina web donde dician que era un sitio espectacular para bañarse asi que empezamos alegres baixando polo rio ata chegar o cauce que estaba absolutamente seco e todo marrón! Que calor e que susto! Mais abaixo empezaron a aparecer unhas fontes enormes con un auga limpiña e templada que daba gusto... o resto en fotos.

sábado, 26 de julho de 2008

Habemus carnet de conducir

Volvemos á autoescola! Da para varios capítulos. Iran caendo.


sexta-feira, 25 de julho de 2008

Nubes


Con respecto a isto, duas cousas: as nubes e as postas de sol. Son impresionantes as nubes que se forman neste val, como se van formando o longo do día os cumulos ata chegar a cumulonimbos e acabando con uns perfiles definidísimos. Sumado a isto, cando cae o sol os perfiles iluminanse quedando unhas postas de sol espectaculares. Un motivo mais para ter unha camara de fotos a man.