quinta-feira, 5 de março de 2009

Menus

Menú A

Aperitivo: salsichas vienesas, bolonia e pepinillos

Nota: As sasichas vienesas non precisan ser cociñadas, xa veñen cocidas na propia lata. Segundo o envase están feitas con carne de polo, vaca e porco e caldo de polo. A textura é como mousse.
A bolonia é unha especie de mortadela onde non se ven as partes brancas, pois todos está tan machucado que forma unha masa rosa uniforme.

Primeiro prato: Sopa/crema de Apio. Unha lata proporciona unha crema condensada de apio.

Segundo prato: Chunky Clam Chowder. Nada que empece por “Chunky” debe ser moi de fiar. Este prato é unha crema branca e espesa onde hai chunks ou pedazos de cousas que non se sabe que é ao ollo humano. O olor é semellante a como cheira nos arredores dunha fábrica de conservas de peixe. Segundo o envase (unha lata), son ameixas.

Postre 1: Torta de zanahoria. Perfectamente envasada. Destaca o debuxo dunha cenoura laranxa e verde feito con azucar solidificado.

Postre 2: Marshmellows, ou nubes das de toda a vida, pero fáltalles o rosa. Xeralmente póñense ao lume e cómense cando están requeimadas.

Prezo: 15 dólares

Menú B:

Primeiro e único prato: Espagueti con albóndigas. Non se enganen, todo procede da mesma lata. Da lata sae un bloque de espaguetes, tomate e armondegas que tras un minuto no microondas se transformas nunca cousa case líquida. As armondegas son ben compactas e redondas, os espaguetes teñen unha cobertura plástica difícil de describir.

Bebida: Zumo de Guava. Bebida sen gas de Guava. Envase, lata.

Postre: Pastel de clara de ovo. Este pastel ten a curiosidade de qee sae dun sobre de polvos. Ao mesturar o sobre con auga, empezar a gurgullar e a fermentar que dá gusto. A mestura métese no formo e tras unha hora de calor, obtense un pastel de textura estropallo e olor bastante desagradable que se pega ás paredes da casa.

Prezo: 5 dólares

Sem comentários: