sábado, 19 de julho de 2008

Cine

Hoxe tocou cine do independente, nunha sala acolledora e rodeado de xente da terceira idade, vese que é o tipo de publico habitual neste tipo de filmes. Fomos ver up the yangtze, moi boa. Ven a narrar como o enchido da presa das tres gargantas se vai comendo lugares e reflexandoo, en particular, nunha pequena familia moi pobre que vive xusto o lado do rio en paralelo os cruceiros que empezan a navegar a nova presa. Invita a pensar sobre o precio do progreso, ainda sen moitas profundidades pois ven sendo un documental. É iso realmente progreso? É o progreso que necesitamos?
É fácil ter paralelismos, ocorrenseme algúns nun momento: os lugares perdidos en calquera obra destas características sexa presa, sexa mina, sexa nova urbanización no noso entorno, sexan as autoestradas,... Todolos beneficios que supoñen, compensan as perdas?
Ou no propio ser, os cambios que se nos presentan, como afrontalos?
Bueno. Son horas, é venres e isto é unha reflexión sen terminar.




Sem comentários: