terça-feira, 24 de março de 2009
Pechado
segunda-feira, 23 de março de 2009
Finde
Tranquilo. De volta no aire por segunda vez, desta con examinador e para facer os papeis! Xa estou legal no aire americano. Agora a seguir mellorando, voando con regularidade, e facerse un piloto decente. O domingo estivo moi venteado, non se podia voar, asi que a mellor opcion foi piscinita e bocata de nocilla. A auga xa esta quente para tirarse de golpe. Un gustito, piscina, jacuzzi, piscina, merenda.
E hoxe xa e luns. Lastima.
domingo, 15 de março de 2009
sexta-feira, 13 de março de 2009
Mudanza
Os Picasa petaos, o ordenador KO,...
En fin, que marchamos a www.pedrafita.us
(En obras!)
quinta-feira, 12 de março de 2009
terça-feira, 10 de março de 2009
quinta-feira, 5 de março de 2009
Conclusions
1. En xeral, a comida foi intragable. O único que se deixaba comer foi o zume, a sopa de apio, a torta de zanahoria (aínda que lle sobraba o 250% de azucre), os marshmellows e pouco máis.
2. Esta comida está presente nos supermercados como solución á vida moderna. De moderno non ten nada, porque hai que ter as papilas gustativas dun cocho (con todos os respectos á especie) para envíar este tipo de comida.
3. De comida rápida, nada. En facer estos dos menús tardaron dúas horas, o mesmo que se tarda en facer unha tortilla de patacas e un biscoito (e se se trata de alguén con xeito, aínda menos).
4. Respecto dos cartos, é verdade que é barato. O precio medio de cada prato que se presentou foi 1,5 dólares (1 euro).
Menus
Aperitivo: salsichas vienesas, bolonia e pepinillos
Nota: As sasichas vienesas non precisan ser cociñadas, xa veñen cocidas na propia lata. Segundo o envase están feitas con carne de polo, vaca e porco e caldo de polo. A textura é como mousse.
A bolonia é unha especie de mortadela onde non se ven as partes brancas, pois todos está tan machucado que forma unha masa rosa uniforme.
Primeiro prato: Sopa/crema de Apio. Unha lata proporciona unha crema condensada de apio.
Segundo prato: Chunky Clam Chowder. Nada que empece por “Chunky” debe ser moi de fiar. Este prato é unha crema branca e espesa onde hai chunks ou pedazos de cousas que non se sabe que é ao ollo humano. O olor é semellante a como cheira nos arredores dunha fábrica de conservas de peixe. Segundo o envase (unha lata), son ameixas.
Postre 1: Torta de zanahoria. Perfectamente envasada. Destaca o debuxo dunha cenoura laranxa e verde feito con azucar solidificado.
Postre 2: Marshmellows, ou nubes das de toda a vida, pero fáltalles o rosa. Xeralmente póñense ao lume e cómense cando están requeimadas.
Prezo: 15 dólares
Menú B:
Primeiro e único prato: Espagueti con albóndigas. Non se enganen, todo procede da mesma lata. Da lata sae un bloque de espaguetes, tomate e armondegas que tras un minuto no microondas se transformas nunca cousa case líquida. As armondegas son ben compactas e redondas, os espaguetes teñen unha cobertura plástica difícil de describir.
Bebida: Zumo de Guava. Bebida sen gas de Guava. Envase, lata.
Postre: Pastel de clara de ovo. Este pastel ten a curiosidade de qee sae dun sobre de polvos. Ao mesturar o sobre con auga, empezar a gurgullar e a fermentar que dá gusto. A mestura métese no formo e tras unha hora de calor, obtense un pastel de textura estropallo e olor bastante desagradable que se pega ás paredes da casa.
Prezo: 5 dólares
quarta-feira, 4 de março de 2009
AMERICAN GOURMET CONTEST 09
-Os participantes terán ½ hora e 15 dólares de orzamento para mercar o que consideren máis desagradable de comer dentro da oferta dun supermercado america tipo.
-Queda prohibido mercar: alimentos para mascotas, alimentos podres e alimentos que poden danar aos participantes (por picantes, por exemplo)
-Os participantes subirán á caixa de zapatos o seu menú e adxuntarán fotografía dos envases e o resultado.
-Cada un dos participantes terá que comer o que o outro participante lle ofreza.
-Os lectores do blog votarán que menú lles parece máis asqueroso.
-O participante ganador ganará por maioría de puntos. Os puntos consíguense da seguinte maneira:
·cada voto = 1 punto
·menú máis barato = 1 punto
·se algún dos participantes non pode acabar o plato por escrúpulos superiores ao afán de victoria = -1 punto
-En caso de empate, o voto do noso conselleiro alimentar en Phoenix, Chef Jorge, valerá dobre co que se desfará o empate e teremos ganador/a.
-P. S. Os partcipantes son os seguintes: Manu “Conxelados” Ledo, e Laura “Microondas” SF.
terça-feira, 3 de março de 2009
Hawaii, que guay!
domingo, 22 de fevereiro de 2009
Tarde de Oscars
sábado, 21 de fevereiro de 2009
Un dia de filloas
Hawaii
quarta-feira, 18 de fevereiro de 2009
terça-feira, 17 de fevereiro de 2009
Xa fomos
Hoxe temos a Obama por aqui, vai dar unha charla nun colexio. Houbo que facer colas de 15 horas para coller entradas. Por certo, e o colexio onde estudio o colega Mike.
quinta-feira, 12 de fevereiro de 2009
Finde
terça-feira, 10 de fevereiro de 2009
Excalibur-Mourin

"Manito, Manito, Manito do mar,
estaba Manito fodendo a un calamar,
fodendo a un calamar, fodendo a una calamar,
estaba Manito na beira do maaaar.
Vivan os grelos e as mantecadas!!
Irmandade As Pontes-Phoenix XA!!!"
Viva a festa da Fraga e Muxarega teloneiros de Sprintin xa!
segunda-feira, 9 de fevereiro de 2009
Mil canyons
Un repaso a prensa ocupa un ratinho do meu tempo cada dia. Empezando por Amigus, seguindo co Progreso e El Pais, que son visitas obrigadas, e seguindo con algun outro, vou revisando como vai a terrinha. Curiosamente, hoxe atopei unha enquisa no 20minutos (pinchar aqui) sobre os dez sitios mais impresionantes do mundo. Discutible, evidentemente, pero é curioso que dous dos sitios desa lista estan en Arizona (ou case): Havasupai e Paria Canyon! que pasan (se non eran xa) a ser visitas obrigadas nun futuro. Remexendo un pouco mais atopei esta paxina sobre "canons estreitos". Impresionantes as fotos! Podedes pinchar en calquera link que son todos espectaculares e todos no entorno de Arizona! Saen sitios xa familiares como Page, Sedona, Lake Powell ou o Gran Canyon,... Vese que deixamos cousas...
sábado, 7 de fevereiro de 2009
Rodeo autentico
sexta-feira, 6 de fevereiro de 2009
Flagstaff
quinta-feira, 5 de fevereiro de 2009
Catherine
Chegou a primavera!
quarta-feira, 4 de fevereiro de 2009
De coña
A ultima novaburrada que lin sobre o concurso eolico en Galicia e que me parece que hai que darlle movemento:
Desfachatez eólica monumental Tripartita no Courel, no Territorio Histórico do Camiño de Santiago.
“Co fin de compensar a incidencia visual do parque eólico, adoptaranse as medidas compensatorias propostas polo promotor e consensuadas coa Dirección Xeral de Turismo, destacando as relativas ao pintado das torres dos aeroxeradores con motivos do Camiño de Santiago, implantación de pantallas vexetais naqueles puntos onde teña lugar o impacto visual da obra proxectada e adecuación dunha sala como aula didáctica da enerxía eólica, entre outras.”
Fonte: galizanonsevende
domingo, 1 de fevereiro de 2009
Unha perla no deserto: Antelope Canyon
Puxen algunhas fotinhas na minha paxina de manitoledo, algunhas de Monument Valley. Para ir a Antelope Canyon ide directos os indios, cedo e con tripode, vale a pena.
Tamos de volta
terça-feira, 27 de janeiro de 2009
domingo, 25 de janeiro de 2009
Cowboys
sábado, 24 de janeiro de 2009
quarta-feira, 21 de janeiro de 2009
Confirmado
terça-feira, 20 de janeiro de 2009
Finde
sexta-feira, 16 de janeiro de 2009
quinta-feira, 15 de janeiro de 2009
Unha boa: Shannon's law
Vese que e tradicion que a xente cando celebra algo baleire o cargador da pistola, metralleta ou o que sexa o aire (como de pelicula!). Esta lei promulgouse pq no ano 1999 unha desas balas o caer (ou non) matou unha rapaza. Hoxe contounos a historia o colega Andras, que dixo que non saira en fin de ano por medo, suponho que estaba na cama (debaixo). Tamen suponho que non todo os petardos que oimos en fin de ano eran petardos.
:P
segunda-feira, 12 de janeiro de 2009
segunda-feira, 5 de janeiro de 2009
Saguaros e morcegos
Hai 70 especies de cactus columnares en Mexico. Dous tercios desas especies teñen flores chamadas a alimentar os morcegos polo seu deseño, nectar e polen abundante e abrense de noite. Algunhas das especies de cactus columnares son morcego-dependentes. Os morcegos comparten a polinizacions de outras con paxaros, abellas e outros insectos.Fonte
domingo, 4 de janeiro de 2009
Vergonza
Non pasan cousas no mundo?
sábado, 3 de janeiro de 2009
Desert Botanical Garden
First Friday 2009
Un par de links Made, SpaceBoyJordo, Modified Arts