quinta-feira, 16 de outubro de 2008

Copypaste

Unha das miñas novas tareas aqui e levar conta dos pedidos (facelos, recibilos e ter conta deles). Ten un punto moi positivo que axuda a coñecer as cousas, saber como se chaman, de onde saen, como se moven, ... Esta moi ben. Na maior parte dos casos usase un mesmo programa que é unha central de pedidos para todolos hospitais que forman o CHW. O caso e que a Rocio deulle por pedir un monton de cousas con palabrotas como deshidoxinonseiquequemefaifalla NSSÑLKJ2, e asi unha recua delas. Eu, buscando o atallo, dediqueime a facer un copypaste pero a cousa tiña truco. Cando chegaba a medio pedido bloqueabase e perdia todo. Isto pasoume un par de veces ata chamar o servicio tecnico e volvelos tolos ata despois de comer pq os argumentos que eu lles daba ian noutra dirección. O caso e que perdin case todo o dia ata que me chamaron de volta dicindo: ¿e non andaras co copypaste? pois si, ando, non vou escribir todo iso! Pois si, hai que escribilo que esta folla de pedidos eche moi señorita e quere todo de primeira man... O caso e que razonando e buscando diferencias os que daban erro tiñan un maior-igual e os que non o daban, non o tiñan. Asi que acabei perdendo o dia pero fixen o pedido... con copypaste, claro.

2 comentários:

Anónimo disse...

Ola Manué...hoxe enseñeille o blog a Tatín...e as fotos...

¡¡¡mamáaaa Malellll!!!
Sí, Tato é Manuel..

flipou!. En nada xa me dará mil voltas nestas lides.

Bicos ponteses.

Anónimo disse...

mira que eres matao meu rei... non saben o que teñen. Bicosssss

Lu