domingo, 16 de novembro de 2008

Reflexos

De cando en cando pola maña o despertar vou para a ventana medio durmido e pensando que dia teremos hoxe, chovera, fara frio, a ver... Mala costume mirar meteogalicia de cando en cando. En realidade é un reflexo absurdo pq xa sabes o tempo que vai facer: bo. Realmente curioso.
Hoxe fomos a un Outlet de compritas, por enredar un pouco a tarde de domingo e coñecelo, pq aqui falaban ben del, o caso e que se estaba moito mellor disfrutando do solete nos bancos de fora que dentro das tendas. Hoxe caeu unha maletiña (aqui non teño maleta pequena e o outro dia marchei a San Francisco ca bolsa da compra, un pouco abandonadiño si pero non se pode ser tanto). A ver se atopo un dia para estreala. Xa queda menos para o Nadal.

2 comentários:

Anónimo disse...

Cando volvas de compriñas merca xerseis de la, bufanda e gorro...xa verías en Meteogalicia que aquí fai frío...
Bicos.
LLS

manitoledo disse...

Xa vexo, xa... Non sei esperar a primavera que aqui xa volve a apretar o calor e ai empeza a mellorar o tempo.