Os concursantes, sometidos á cata de todos estes produtos, puideron acordar unha serie de conclusións mentres recollían a desfeita:
1. En xeral, a comida foi intragable. O único que se deixaba comer foi o zume, a sopa de apio, a torta de zanahoria (aínda que lle sobraba o 250% de azucre), os marshmellows e pouco máis.
2. Esta comida está presente nos supermercados como solución á vida moderna. De moderno non ten nada, porque hai que ter as papilas gustativas dun cocho (con todos os respectos á especie) para envíar este tipo de comida.
3. De comida rápida, nada. En facer estos dos menús tardaron dúas horas, o mesmo que se tarda en facer unha tortilla de patacas e un biscoito (e se se trata de alguén con xeito, aínda menos).
4. Respecto dos cartos, é verdade que é barato. O precio medio de cada prato que se presentou foi 1,5 dólares (1 euro).
quinta-feira, 5 de março de 2009
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
Eu quero outro contest !! (cando recuperaran as vosas papilas gustativas)... Foi moi divertido.
Vosa prima bretona
Enviar um comentário